Os cazadores galegos e a Xunta colaborarán na prevención de incendios en 2020

A Federación Galega de Caza comprometeuse a planificar as zonas prioritarias nas que traballar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2019 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Caza e o Goberno galego asinaron un acordo para traballar conxuntamente en labores de prevención de incendios forestais durante os meses previos á etapa de alto risco de lumes de 2020.

Ambas as institucións pretenden mellorar a coordinación en tarefas de detección, vixilancia e disuasión. Tamén se facilitará a actuación directa do colectivo de cazadores a través de labores na silvicultura preventiva, tales como a limpeza de pistas e de terreos forestais, así como os puntos de auga.

Pola súa banda, a Federación comprometeuse a planificar as zonas prioritarias nas que traballar, xa que a Xunta considera que o seu "profundo coñecemento dos montes e a capacidade de mobilización das persoas sobre o terreo" suporán un gran despregamento polo territorio.

Ademais, os cazadores tamén cooperarán facilitando información aos integrantes do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (Spdcif) de Galicia. A xuízo da Administración autonómica, todas estas medidas "mellorarán notoriamente a eficacia e a capacidade de resposta dos profesionais".

Reunión da Federación Galega de Caza e o conselleiro de Medio Rural, José González. XUNTA
Reunión da Federación Galega de Caza e o conselleiro de Medio Rural, José González. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta