Só queremos ser pais

Jesús vive en Arzúa e só quere ser pai, pero non o deixan. A nai do rapaz marchou para Madrid e levou o neno con ela; un xulgado decidiu que Jesús pode ver ao seu fillo cada quince días; recólleo o venres pola tarde e entrégao o domingo pola noite, pero en Madrid.

Por Blas García | Boiro | 08/06/2012

Comparte esta noticia
Jesús é un de tantos pais en Galicia e en España que loitan por conseguir a custodia compartida, é un de moitos que só queren poder exercer o seu dereito a ser pai; pero, desgraciadamente unha lexislación anticuada, unha xudicatura pouco profesional e uns “lobis” feministas pouco igualitarios impiden que se poida desenvolver unha lexislación que regule de maneira efectiva a custodia compartida.
 
É difícil de entender que nos tempos nos que estamos un pai só poda exercer á hora de pasar unha pensión de manutención mensualmente, ou para compartir unha serie de gastos; pero que tan só poda estar cos seus fillos catro días ao mes. A decisión de separarse ou divorciarse xa é difícil e complicada porque tes que romper cunha parte da túa vida, e por riba tes que sufrir o castigo de non poder disfrutar dos teus fillos: non poder estudiar, cear, contarlles un conto, ver a tele, ... E pasas a convertirte nun coidador de fin de semana. 
 
O problema é cando xuíces, ficais e “lobis” feministas non pensan nos nenos, porque, por exemplo e segundo din as sentenzas, para garantizarlle unha vivenda digna aos menores quédanse no domicilio habitual e a nai queda como usufructuaria da mesma –ao outorgarlle a custodia-. Pero quen se preocupa da situación na que quedarán os nenos durante os aproximadamente cen días que estarán cos pais?. Alguén se preocupa de como viven? Os menores son o máis importante e os que menos teñen –ou deben- de sufrír, e ninguén debe de ter a potestade para privalos de poder estar cun dos seus proxenitores e coa súa familia.
 
Os partidos políticos tampouco axudan moito a cambiar esta situación, xa que dependendo de si están no goberno ou na oposición manteñen unha ou outra postura. E eu teño que amosar a miña decepción co meu partido, xa que sempre fomos uns vanguardistas en asuntos sociais e de familia, e sempre destacamos por defender ás persoas, e nesta ocasión preferimos ceder ante certos “lobis” feministas con moitos e variados intereses, esquecéndonos de millleiros de pais e de nenos e nenas que medrarán séndonlle amputada unha arteria importantísima na súa vida.
 
Eu son pai divorciado e falo con coñecemento de causa, pero eu considérome un privilexiado comparado con Jesús e con outros pais que teñen enormes dificultades para poder estar cos seus fillos aínda nos días que se lle otorgaron por convenio e decisión xudicial, ou que non poden falar con eles por teléfono porque non os deixan. Jesús di sempre que a súa situación non é das peores, que hai pais que malviven durante os quince días que están sós para poder darlle de comer dignamente aos seus fillos cando están con eles. Ou incluso outros que decidiron tomar decisións máis duras e poñerlle fin á súa vida.
 
Sen dúbida, este é un tema moi descoñecido e sobre o que os medios de comunicación non suelen informar porque ao mellor neste mundo actual de mentira e irracionalidade non vende tanto como outros. Pero está claro que é necesario un debate amplo e sen tapuxos e que a sociedade sepa da situación que viven moitos pais e moitos nenos. Abramos pois o debate!!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Blas García Blas García Piñeiro, nado en Cespón (Boiro) no ano 1969, aínda que agora vive en Ames. Estudiou Filoloxía Hispánica. Militante do PSdeG. Foi concelleiro en Boiro e Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Boiro e da comarca do Barbanza. Na actualidade é Responsable de Comunicación dos Socialistas de Ames. A súa actividade profesional desenvólvese no mundo das redes sociais e a comunicación 2.0. Podes seguilo en www.blasgarcia.com