Hacienda aboará o pago polo incumprimento do déficit a todas as autonomías que lles corresponde

Tras comunicarllo primeiro ao socialista Ximo Puig, a ministra di que tamén o recibirán Andalucía e Murcia, gobernadas por PP e C's.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/09/2019 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

A ministra de Hacienda, María Jesús Montero, asegurou que o seu departamento abonará o que se denomina extra FLA ,Fondo de Liquidez Autonómica, a todas as autonomías que lles corresponda e non só á Comunidade Valenciana, á que anunciou o cobro en outubro deste diñeiro nun encontro o luns co seu presidente, o tamén socialista Ximo Puig.

En declaracións no corredor do Congreso, Montero respondeu así ás queixas dalgunhas autonomías polo anuncio á Generalitat Valenciana de que antes do 9 de outubro recibirá 250 millóns do excedente do Fondo de Liquidez Autonómica. Este extra distribúese entre as comunidades que incumpriron o obxectivo de déficit do ano anterior, 2018 neste caso, e serve para cubrir ese buraco.

Montero explicou que Andalucía ou Murcia, gobernadas por PP e Cs, están nesta situación e tamén recibirán a súa "parte correspondente", e rexeitou as críticas ao seu anuncio ao socialista Ximo Puig: foi "unha comunicación" e non un privilexio. Segundo dixo, tamén tivo contacto co presidente galego, Alberto Núñez Feijóo (PP).

"Cando o Goberno actualice o extra FLA farao para o conxunto das comunidades autónomas --garantiu--. Algúns queren buscar diferenzas ou privilexios cando hai comunicación como a que tiven co señor Feijóo ou Puig ou calquera que mo pida".

Doutra banda, a ministra asegurou que o seu departamento segue traballando na fórmula que lle permita traspasar ás comunidades a actualización das entregas a conta do sistema de financiamento. A solución ten que ser "tecnicamente impecable", asegurou, polo que non se fará ningún anuncio ata que estea "estruturada".

Montero insistiu en que espera que a transferencia deste diñeiro se poida realizar en breve e en que en calquera caso servirá para atallar problemas de tesouraría, é dicir, de pago de facturas, o que non xustifica facer recortes orzamentarios. Se algunha comunidade os aproba antes de final de ano, dixo, será por outros motivos e non polo atraso nestas entregas a conta.

A ministra de Facenda en funcións, María Jesús Montero, no Congreso dos Deputados. Óscar J.Barroso - Europa Press
A ministra de Facenda en funcións, María Jesús Montero, no Congreso dos Deputados. Óscar J.Barroso - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta