Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2019 | Actualizada ás 14:36
O segundo tenente de alcalde de Santiago de Compostela, Gumersindo Guinarte, confirmou a última desavinza entre o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo (PSOE), e o ex primeiro edil, Martiño Noriega (Compostela Aberta), pola chegada dunha serie de facturas sen asinar ao concello.
Durante unha rolda de prensa celebrada este luns para resumir as medidas aprobadas durante a última xunta de goberno, o edil socialista ratificou a denuncia realizada por Sánchez Bugallo durante o pleno do pasado venres, no que se dirixiu directamente ao excalde para lembrarlle que "seguían chegando facturas sen asinar".
Guinarte aclarou que o primeiro edil refírese a "unha realidade que se vive nas distintas concellarías e na alcaldía", xa que, "empresas e provedores emiten facturas ao concello por compromisos asumidos polo goberno de Compostela Aberta". Segundo comentaron desde o concello, "estes gastos non estaban orzamentados, nin responden a orzamentos nominativos ou previsións derivadas dos convenios formalizados aprobados polo executivo municipal".
Estas facturas recollen gastos moi diversos, desde publicidade ata actividades deportivas. Sobre estas últimas Guinarte destaca o pago dunha factura "por encima dos 30.000 euros referida a un campionato de enduro". O concelleiro indicou que serán contrastadas e se os servizos facturados se ofreceron, "obviamente o concello ten que facer fronte a eses compromisos de pago".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.