O Concello de Avión celebra a súa tradicional festa mexicana

A festividade xurdiu como unha homenaxe a todos os emigrantes e, dun modo especial a México, principal país receptor de veciños de Avión.

Por E.P. | OURENSE | 09/08/2019 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

O concello ourensán de Avión celebra este venres a XV edición da súa tradicional Festa Mexicana. A praza da Igrexa vestiuse cunha pequena mostra da infinidade de tradicións e misterios que envolven a cultura mexicana. A festividade xurdiu como unha homenaxe a todos os emigrantes e, dun modo especial a México, principal país receptor de veciños de Avión.

A festa reuniu este tarde por centos de emigrantes residentes en diferentes puntos de España e o principal atractivo foi a comida de catro do mellores restaurante mexicanos de Galicia: Chilam-Balam, de Vigo; Mesón Mexicano; de Pontecaldelas; Recuncho Azteca, do Carballiño e o Mexicano Taco Bar, da Coruña. A oferta gastronómica é "case, case como a de México", confesaron unha parella de amigas mexicanas agora instaladas en Ferrol que dixeron vir á festa mexicana "sempre que poden".

Ana Luisa Velázquez é mexicana e reside desde hai dez anos en Madrid, segundo contou a Europa Press atopar esta festa en Galicia é "o mellor regalo" que lle podían facer. "Sendo mexicana anhelas ver a túa cultura", dixo. Ademais, para Velázquez e a súa familia o mellor desta festa son as actuacións dos mariachis, nesta ocasión Leonardo Flores e Acapulco foron os artistas invitados.

Na celebración tampouco faltou unha piñata con forma de torta para celebrar os XV anos da festa. Ademais, a boca a boca fixo moi popular esta festa pola habitual visita de grandes magnates como é o caso de Carlos Slim. Con todo, este ano os veciños comentaron que Slim, uns dos homes máis ricos do mundo, non aterrou por vacacións en terras galegas.

Festa mexicana de Avión
Festa mexicana de Avión | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta