GC Aberto

O despropósito de Podemos

Quen desde a esquerda queira reorientar a función política, debe ter presente de antemán que mais alá das aparencias, polas súas marcadas connotacións co neoliberalismo o PSOE é alleo a ese ámbito de acepción ideolóxica.

Por galdo1950 (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 10/08/2019

Comparte esta noticia

Abrazo entre Pablo Iglesias (Podemos) e Yolanda Díaz (Esquerda Unida) en Vigo
Abrazo entre Pablo Iglesias (Podemos) e Yolanda Díaz (Esquerda Unida) en Vigo | Fonte: Miguel Núñez.

A ninguén minimamente documentado debe sorprender a celebración dunhas novas eleccións, pois o fracaso da investidura lonxe de obedecer ao desencontro conxuntural que se aduce, atende a un plan urdido moito tempo atrás, preconcibido mesmo antes da celebración dos comicios do 28A, como consecuencia do intento do PSOE en reconciliarse cos grandes do IBEX a efecto de relaxar o descontento mostrado por estes despois dos pactos selados tras as municipais e autonómicas do 2015 que facilitaron a conformación de gobernos de coalición e progreso a través de pactos puntuais con Podemos, e que a xuízo da gran patronal levou a unha "deriva radical" cuxa reconducción cara á centralidade política foille esixida en contrapartida a estabilizar o marco de relación

O empeño dos membros desta oligarquía empresarial en impoñer ao seu antollo o goberno do país mediante manexos e malas artes non é nada novo; non reparando o máis mínimo en utilizar todas as medidas ao seu alcance para a consecución de tal finalidade, ata o extremo de arrogarse como propia a representación da vontade popular, sen que represente obstáculo algún o historial das súas turbias prácticas mercantís, onde se mesturan quebras e rescates bancarios con hábitos de corrupción e a constante rotación de portas xiratorias.

Por iso, quen desde a esquerda queira dar pasos en positivo cara a un novo tempo político, máis aló de deixarse levar por artificios mediáticos e versións adulteradas, debe saber de antemán que o PSOE é alleo a ese ámbito de significación ideolóxica, pois á hora da verdade a súa práctica política é reflexo do fundamentalismo neoliberal e de acatamento ao mandato dos mercados; formulacións diametralmente opostas aos postulados pola esquerda real e progresista, máis proclive a implementar un cambio de modelo que salvagardando o marco de liberdades propicie maiores cotas de prosperidade, desde dinámicas de crecemento, e sempre, tendo presente o cumprimento do mandato electoral.

Quen como Podemos teña en mente cambiar o rumbo da situación  ten de  asumir que tal labor é de imposible consecución en tanto o PSOE leve a voz cantante, pois aínda resultando o menos malo dos dous partidos hexemónicos que se alternaron no poder desde 1982, en ningún momento actuou en liña de crebar a estrutura e a cultura institucional herdada do franquismo; máis ben ao contrario, optou non só por manter a súa prórroga senón que introduciu á vez no ADN do partido o máis radical neoliberarismo.

Tal é así, que despois de ostentar durante vinte anos funcións de goberno, a pesar do suposto carácter socialista non só demostrou non ter coraxe para domar ao capitalismo, senón que medorento da súa xerarquía someteuse en todo momento aos ditados dos mercados e demais poderes financeiros, sen reparar o máis mínimo no prexuízo repercutido da súa actitude cara aos intereses de quen supostamente representaba.

Nesta tesitura as desigualdades máis que remitir téñese cronificado, e ante tan notoria evidencia , lonxe de afrontar medidas paliativas o PSOE segue sen enfrontarse ao poder económico aburando a complexidade do maior problema do país, que en clave de desigualdade social na actualidade ten fóra do sistema a 12 millóns de españois, facendo que a hipótese coa que naceu Podemos estea hoxe máis viva que nunca.

Pero a cúpula dirixente de Podemos parece pechar os ollos a esta evidencia, aparentando descoñecer igualmente que o seu discurso político é visto por unha maioría social como coincidente ao do PSOE; e se ademais engadimos a iso que tras a viraxe – retórica- da socialdemocracia europea cara ao multiculturalismo, ao ecoloxismo e ao feminismo asúmese como propio o programa socialdemócrata do Estado de benestar, deixa sen moito espazo a unha formación morada que por revisionismo dos sesu postulados aparece como un mero corrector moral ou cuantitativo do orixinal socialista.

Cando os problemas de fondo que nos conduciron á crise en 2007 seguen indemnes, resulta un despropósito formar parte dun Executivo a cuxo Presidente lle pode máis a proximidade neoliberal que domina ao PSOE que a idea de iniciar un proceso de cambio real, tanto do modelo económico como do modelo de Estado, por iso é polo que Podemos debe absterse de participar no mesmo, aínda e cando como mal menor preste a súa dispoñibilidade e man tendida para facilitar a súa conformación en rexeitamento  de novos comicios.

Polo demais  para que Podemos funcione en clave de racionalidade, debe proceder en consecuencia co establecido  no seu ideario  primixenio, centrando a función política no ámbito lexislativo  e na  mobilización social, desempeñando  para o efecto funcións efectivas de oposición con renuncia expresa  á lóxica  neoliberal, pois na actualidade  a súa controvertida  traxectoria caracterízase por actuar  seguindo expresamente o discurso  que viña  desterrar 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

E cres que dándolle os votos a Pedro Sánchez e deixando vía libre ao Neoliberalismo do PSOE as deputadas de UnidasPodemos van recuperar algún día o seu "ideario primixenio" ? Non se convertirán -máis aínda do que están- en popes da esquerda NOMINAL e polo tanto xa non existirá vía alternativa algunha para que podan cambiar as relacións de poder no Estado? Non o vexo nin claro nin oscuro... Simplemente non vexo xente que sirva para facer un cambio profundo dende dentro das Institucións (agás empoleirarse cada día máis no poder que lles otorgan esas mesmas Institucións!) https://i.gal/gamela05 // https://i.gal/gamela15