Fotograma de O final do Camiño /crtvg.gal

A "superprodución" da Voz sobre o Camiño chega á TVG

Pantallas - 11 Xaneiro 2017

A serie, que tamén emitirá Televisión Española, está producida pola filial da Voz de Galicia, Voz Audiovisual. Malia seren entes públicos, non se coñecen o prezo que pagan pola serie, que en todo caso preséntase como unha das máis ambiciosas da historia do audiovisual galego.

Presentación da xira Nadal en Familia dos Bolechas

Os Bolechas saen de xira e darán un concerto na televisión

Pantallas - 14 Decembro 2016

Os Bolechas, as personaxes de Pepe Carreiro editadas por Bolanda, as máis populares da banda deseñada infantil galega, volven a saír de xira polo Nadal. Segundo se informou nunha rolda de prensa na sede do Museo Pedagóxico de Galicia, serán protagonistas da xira "Nadal en familia” que entre o 17 de decembro e o 7 de xaneiro pasará por dez localidades.

Fotograma de Sicixia, filme de Ignacio Vilar

Sicixia é unha das cinco películas máis vistas en Galicia

Pantallas - 29 Novembro 2016

A longametraxe "Sicixia, paseo polo amor e a Costa da Morte" (producida por Vía Láctea Filmes e TVG), logrou posicionarse a pasada fin de semana no Top 5 dos filmes máis vistos nas salas galegas. A obra dirixida por Ignacio Vilar foi estreada o último venres, 25 de novembro.

Unha oportunidade única para apoiar ao cine en galego

Pantallas - 25 Novembro 2016

Ignacio Vilar volve as carteleiras con Sicixa, unha historia de amor na Costa da Morte. O seu anterior filme, A Esmorga, será emitido por Televisión Española en versión orixinal, en galego, subtitulada.

Alberte Montes como Quique en Augasquentes, serie da TVG Alberte Montes como Quique en Augasquentes, serie da TVG

Quique chega a Augasquentes

Pantallas - 09 Novembro 2016

O actor e humorista Alberte Montes chega á disparatada serie da Televisión de Galicia que se emite todos os xoves.

Presentación do programa de Cineuropa 2016

Pantallas - 03 Novembro 2016

Máis de 200 filmes na 30º edición do popular festival compostelano. Enlace ao programa no interior. Carlos Saura recibirá o Premio Cineuropa Especial e o galego Oliver Laxe presentará a premiada mimosas.

Cartaz do III Chanfaina Lab.

O Chanfaina Lab fai de San Sadurniño un laboratorio de experimentación audiovisual

Pantallas - 01 Setembro 2016

A terceira edición deste novidoso encontro de creadores audiovisuais galegos celébrase entre o 1 e o 4 de setembro.

Xudit Casas e Adrián Saavedra.

Estréase ‘Relax & Siesta: Terra de Celanova’

Pantallas - 06 Xullo 2016

Arxuína Producións, en colaboración coa Mancomunidade Terra de Celanova, estrean na Internet a nova entrega desta serie de imaxes e música suxerentes para a hora da soneca. Vídeo no interior.

Morris na curtametraxe Unary

Os novos talentos do cine galego teñen ciclo propio

Pantallas - 08 Xuño 2016

O venres 10 de maio ás 19.00h no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, preséntase Ficciónate, o ciclo de cinema galego desenvolvido por novos talentos do audiovisual galego.

Interior do arquivo do CGAI/CIG

Sobrevirá o Centro Galego de Artes da Imaxe?

Pantallas - 26 Maio 2016

A Xunta ratificou nunha xuntanza coas organizacións sindicais a proposta de amortización de postos de traballo ocupados por persoal laboral no Centro Galego das Artes e a Imaxe (CGAI). Ratificación que se produciu xusto un día despois de asegurar nos medios de comunicación que non faría tal.

Oliver Laxe recibe aplausos tras a presentación de Mimosas en Cannes / A Cuarta Parede

Moi boa acollida a unha das dúas estreas galegas en Cannes

Pantallas - 16 Maio 2016

O cinema galego é hoxe protagonista coa estrea e a recepción internacional do filme 'Mimosas' de Oliver Laxe no Festival de Cannes, onde tamén se exhibirá o venres a curtametraxe ‘Decorado’, de Alberto Vázquez.

Pegada galega en Cannes

Pantallas - 12 Maio 2016

Oliver Laxe e Alberto Vázquez presentan os seus novos traballos no prestixioso festival francés, no que tamén participan as empresas galegas Frida Films, Ladybug Films, Numax Distribución e Zeitun Films.