Artigos de Manuel Bragado

Concellos polo galego

É un nova moi esperanzadora que representantes de setenta concellos, reunidos no Encontro de Política Lingüistica Municipal convocado pola CTNL, asumisen o compromiso de crear unha rede a prol do galego e do seu impulso.

Horror machista

Cando escribo esta anotación, coa intención de expresar a miña indignacion polo asasinato machista de Pontesampaio, coñezo a noticia doutra vítima en Manresa.

Incendios forestais

Cando regresamos de Aldán, unha nube mesta de fume adiantaba o solpor sobre a ría. Os incendios no Baixo Miño durante toda a xornada, en ambas as dúas beiras do Miño, engadíanse á relación de 74 lumes da fin de semana en Galicia.

Apego, que o seu nome sexa propio

Reparei onte por un chío da Coordinadora de ENDL no magnífico texto das recomendacións do programa Apego para axudar en tan importante decisión como é a de escoller nome dun fillo ou filla.

O caso Caballero

A vitoria esmagadora de Abel Caballero non se debeu só ao carácter viguista da súa posición política (un xeito de cantonalismo decimonónico, non exento dalgúns argumentos comprensibles sobre a «marxinación» do Vigo metropolitano actual) nin sequera polos programas de transformación do viario urbano con criterios de xardinaría familiar. Por razoables que semellen estas cuestións non abondan para explicar unha maioria tan ampla que deixará ao alcalde vigués coas mans máis libres para profundizar nos seus programas e liderar o socialismo municipalista español.

O dinosauro de Caballero

Sempre nos quedará a dúbida de se foi ou non premeditada por Caballero a colocación onte durante unhas horas dun dinoasuro vexetal na rotonda de Rosalía Castro coa rúa Porto.

Luís Mera

Triste, moi triste, foi a nova do pasamento de Luís Mera, fundador de CC.OO en Ferrol, secretario do Club de Prensa de Ferrol durante moitos anos, editor entregado e paciente que mimou a revista de pensamento Ferrol Análisis, impulsor do Ateneo Ferrolán e de tantas actividades culturais e cívicas realizadas en Ferrol nas últimas catro décadas.

O reto de Syriza

A clara vitoria de Syriza rebenta un gromo de esperanza no ermo actual da Unión Europea, onde por vez primeira se podería enxergar unha posibilidade de rematar coas políticas de austericidade da Troika.