Anachoa

“Anachoa”, unha iniciativa solidaria e saborosa

Na mesa - 14 Decembro 2014

Estas anchoas do cantábrico preparadas e envasadas en Santiago pola cooperativa de mulleres ‘Anaco’gustan por igual a restaurantes e consumidores particulares, mesmo foron apadriñadas polo chef Estrela Michelín Paco Roncero.

Nadal de “Compostela Gastronómica”

Na mesa - 10 Decembro 2014

Tanto maiores coma pequenos poderán demostrar as súas habilidades culinarias, ou melloralas, nos obradoiros gastronómicos que se desenvolverán no Mercado de Abastos de Santiago do 11 de decembro ao 3 de xaneiro.

Pequenos polbos captados no proxecto Cefaparques

Ao polbo gústalle o polbo

Na mesa - 22 Maio 2014

O proxecto Cefaparques, financiado por Parques Nacionais, e executado polo CSIC tira novas conclusións sobre a vida do polbo. Comportamentos caníbales, localización das zonas de desove ou o estudo das femias durante a posta son algúns dos novidosos resultados desta investigación.

Cervexas na barra do Kitsh

A Vitoria da cervexa artesá

Na mesa - 19 Maio 2014

Entrevistamos a Óscar Gutiérrez, produtor da cervexa alavesa 'Falken'. Da súa man comparamos a situación do mundo da cervexa artesá en Euskadi e Galicia tomando a Vitoria de modelo de como se implanta este fenómeno nunha cidade pequena. Entrevista da columna 'Como a birra mesma'.

O Ézaro xa ten o seu viño de D.O.

Na mesa - 18 Maio 2014

É un ribeiro da casa suministrado por Bodega Pazo do Mar.

Alberte na sala de fermentación

"Buscamos un sabor no padal colectivo dos galegos"

Na mesa - 30 Abril 2014

Entrevistamos a Alberte e Valeria, propietarios da cervexeira Menduíña, pioneiros da cervexa artesá en Galicia. Menduíña presenta unha nova cervexa afumada, María Soliña, que se poderá degustar na presentación do novo GCTendencias.

Tapa máis grande de polbo / Imaxe de infobierzo.com

Ponferrada entra no Guinness a conta dunha tapa de polbo galego

Na mesa - 14 Abril 2014

Na iniciativa, promovida polo cociñeiro berciano Adriano Cubelos, cociñáronse 500 quilos de polbo. O evento contou co apoio de varias empresas galegas e Galicia Calidade.

Festa do viño da Ulla

Galicia en Festa: O viño da Ulla

Na mesa - 14 Abril 2014

O pasado domingo celebrouse a Festa do viño da Ulla. Nesta crónica recollemos o seu espírito a través do testemuño dos asistentes. Tamén falamos co mítico xornalista Luís Rial, un dos impulsores da festa e indagamos nos factores que transformaron o viño da Ulla, dun caldo popular a un viño cobizado no mercado. Crónica de Xosé Gago.

O mundo do café cada vez máis especializado

O bo momento do café galego

Na mesa - 10 Abril 2014

A barista galega Alba Lage, patrocinada por Cafés Candelas, participa dende hoxe no Campionato Nacional de Baristas 2014 que se celebra en Vitoria-Gasteiz. De gañar, representará a España nos campionatos mundiais de Rímini e Melbourne. Aproveitamos para botar un ollo ao panorama do café en Galicia.

Estampa xaponesa de polbo

O pracer do polbo

Na mesa - 09 Abril 2014

“O polbo e a súa cociña” de Matilde Felpeto publicado por Xerais preséntase hoxe na Casa do Libro de Vigo ás 20:00 . O libro inclúe unha revisión da cultura do polbo,na que se afonda en toda a mitoloxía que envolve esta suxerente criatura. A segunda parte consta de 67 receitas con polbo dende Galicia ata Xapón.

buzón exvotos San Lázarp

San Lázaro saca as unllas

Na mesa - 07 Abril 2014

Dende o día 5 de abril ata o 7 está a celebrarse a tradicional Festa das Unllas de San Lázaro, no homónimo barrio compostelán. Trátase dunha das festas máis antigas da cidade, con moita historia e tradición, pero con intención de captar tamén aos máis novos. O luns 7 é o día grande no que se celebrará a poxa das unllas, e pola noite a bailar coa Panorama. Crónica de Xosé Gago.

Iniciativa para pagar viños e cervexas con pesetas/ X.G.

Vai de viños sen que te custe un euro

Na mesa - 27 Marzo 2014

Espreitade entre os coxíns do sofá, nos caixóns ou en calquera recanto da casa. Se atopas pesetas, esta semana teñen premio. Ata o próximo sábado 30, vinte e catro bares do Ensanche compostelán ofrecen a posibilidade de pagar os viños e cervexas con pesetas.