A Sociedade Galega de Historia Natural tamén destaca que é "un novo exemplo de maquillaxe verde do sector eucalipto-celulosa en Galicia"
Entre o lixo máis presente e caracterizado nas contornas fluviais galegos destacan as pezas de plástico de 2,5 cm-50 cm, as pezas de plástico de 0-2,5 cm e as latas de bebida.
A 'Acacia dealbata' leva connosco uns 200 anos e xa é imposible de erradicar. Jonatan Rodríguez, investigador de CRETUS na USC, liderou varios estudos nos que observaron que "nas zonas onde hai manchas de mimosas a diversidade de especies de insectos herbívoros, que poderían alimentarse dela, era menor en número á cantidade que hai nas zonas onde non hai mimosa".
Dende o Galicia Confidencial continuamos coa nosa serie sobre especies invasoras en Galicia falando con Paula Lorenzo, investigadora da Universidade de Coimbra que nos afonda nas particularidades dunha planta procedente de Australia hai algo menos de dous séculos e que xa ten colonizada a nosa terra. Xunta ao seu equipo de investigación buscan formas de aproveitar o residuo que xera o control desta planta para sacar algo beneficioso de tantas cousas negativas que aporta, tendo en conta que "o nivel de invasión é tal que a súa erradicación xa é imposible no noroeste da Península Ibérica".
Os soutos e as fragas foron perdendo terreo de maneira acelerada durante as tres últimas décadas. Logo de que se aprobase o Plan Forestal de Galicia en 1992 a superficie de eucalipto en Galicia acabou duplicándose antes da finalización do plan prevista para 2030. Porén, algunhas voces de expertos piden realizar estudos previos de cara á repoboación e ao aproveitamento das diferentes árbores fuxindo de posturas encontradas.
Rueda non descarta "expropiacións" se non se chegan a acordos cos propietarios dos terreos onde se instalará. Acusa ao BNG de "demagoxía" por rexeitar a instalación de Altri en Galicia logo de apoiar a súa instalación no Parlamento. Os nacionalistas aseguran agora que é "unha bomba ambiental no corazón de Galicia".
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do grupo Ecoloxía Mariña Integrada (Inmare) do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC, Vigo), lidera unha liña de investigación sobre a ecoloxía espacial de organismos mariños no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, centrándose en especies como quenllas e raias.
Apostou por aproveitar as oportunidades da transición enerxética e as enerxías verdes, á vez que defendeu a compatibilidade da actividade económica e a sustentabilidade.
Olalla Rodial asegurou que a análise da documentación presentada por Altri "evidencia" que o proxecto "non ten nada de economía circular nin de peche do ciclo produtivo", senón que constitúe un "exemplo de libro" dunha "industria de enclave" para a xeración de materia prima para a súa explotación noutro lugar a través dunha "fábrica contaminante que non queren en Portugal".
Dispor deste distintivo suporá para os concellos un mérito adicional á hora de obter algunha das subvencións que convoca este ano a Vicepresidencia Segunda.
A Xunta acusou este martes ao Goberno central de "dar longas" á Administración galega e esixiu que inicie "canto antes" o procedemento legal para reclamar a responsabilidade ambiental polo impacto do incidente do buque Toconao, co obxectivo de que Galicia recupere o investido na limpeza de pélets.
Redeia recuperou un total de 1.041 hectáreas de superficie forestal desde 2009 coa plantación de 852.546 árbores e arbustos en 21 enclaves de toda España, a través do proxecto 'El Bosque de Redeia'.
O conselleiro de Medio Rural, José González, celebrou que a Unión Europea vaia "dando pasos" cara á flexibilización da Política Agraria Común (PAC), pero insistiu na necesidade de traballar para abordar a supresión da obrigatoriedade da a figura do veterinario de explotación.
Durante a construción do seu primeiro tramo entre Santiago e A Coruña foi usada de xeito intensivo como "un elemento de retención dos noiros (taludes)", segundo conta a Galicia Confidencial Benito García, presidente da asociación Galicia Ambiental, que nos detalla como foi a expansión desta planta "que non queren nin as cabras". Daquela non era oficialmente unha especie invasora.