Carlos Arrojo, ilustrador /carlosarrojo.com

Creatividade e deseño para cativos na Cidade da Cultura

Imaxe - 04 Xullo 2016

A Cidade da Cultura propón facer de todos os martes de xullo un laboratorio de creatividade para os máis pequenos. Será a través dos obradoiros Deseños minúsculos, valores maiúsculos, cos que se busca potenciar a curiosidade dos nenos polo deseño, estimular o seu talento creativo e sacar a relucir as súas aptitudes artísticas da man de destacados profesionais da ilustración, a artesanía, a moda e o deseño.

Vivenda (detalle). 1913. Ricardo Boán y Callejas.  Nº 11-13, rúa de San Nicolás, A Coruña / Iria-Friné Rivera Vázquez

Casas-museo, coleccións e galerías en xullo

Imaxe - 03 Xullo 2016

As galerías e coleccións son representativas da introdución de novos temas, novas técnicas, novos materiais e una nova imaxinación visual. Mais o mesmo tempo, as casas-museo son en si mesma a dimensión humana da gran tradición do gusto e o mecenado.

Vivenda (detalle). 1905. Jesús López de Rego Labarta. Nº 10, Alameda – Rúa Tras do pilar, Santiago de Compostela / Iria-Friné Rivera Vázquez

Exposicións e poxas de xullo

Imaxe - 02 Xullo 2016

A Arte é un documento histórico. Vai a pe da supervivencia do xénero humano. Debido a que a Arte está intimamente vinculado as persoas -nel aparecen as necesidades, a emoción e a intelixencia dos individuos-, é indestrutible.

Mostra no Anexo do MARCO de Vigo / MARCO.

Queres expoñer no espazo Anexo do MARCO?

Imaxe - 09 Xuño 2016

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo lanza unha convocatoria aberta para a programación do Anexo 2017. O proxecto gañador disporá dun orzamento máximo de 18.000€.

Peregrino no Camiño de Santiago nunha imaxe da exposición Via Iacobitana /xunta.gal

Fotógrafos galegos convertidos en peregrinos retratan o Camiño de Santiago

Imaxe - 03 Xuño 2016

A exposición “Via Iacobitana” percorrerá diversas cidades de Galicia, en concreto Santiago de Compostela, Pontevedra, Ribadeo, Fene, Pontedeume, Valdoviño e Ourense para amosar o Camiño desde unha perspectiva artística contemporánea.

Edith Nieves, gañadora do concurso do cartel das festas de Monforte, co alcalde, José Tome, entre outros / XMR

As festas de Monforte xa teñen cartel

Imaxe - 03 Xuño 2016

A deseñadora Edith Nieves, da Pobra do Brollón, gañadora do concurso de deseño de carteis das Festas Patronais. GC faille unha pequena entrevista.

Fonte cha octogonal con decoración estampada da Serie Paisaxes imaxinarias (detalle). 1845-1862 (terceira época). Técnica: Estampación/baixo cuberta (motivo decorativo). Materiais: Cerámica/Louza fina de pedernal. Real Fábrica de Sargadelos / Iria-Friné Rivera Vázquez

O período prolífico de Sargadelos

Imaxe - 18 Maio 2016

A Real Fábrica de Sargadelos é, entre 1845 e 1862, un período prolífico de creatividade artística. Dende as vaixelas ata as xerras de xardín, cada obra representa as diferentes facetas do gusto e habilidade da fábrica galega.

Xurxo Lobato retrata os rostros da Galicia máis dinámica e talentosa

Imaxe - 27 Abril 2016

A Cidade da Cultura acollerá a partir do 15 de xullo a exposición 'Rostros do país', con 70 pezas en gran formato do fotógrafo que son un retrato colectivo da Galicia máis dinámica.

Imaxe da exposición de Matteo Bertolino sobre o despoboamento en Galicia

O despoboamento galego a través da ollada dun fotógrafo italiano

Imaxe - 25 Abril 2016

O artista Matteo Bertolino inaugura unha mostra sobre o despoboamento na provincia de Ourense.

Exposición

A “xeración sen nome” que mudou a arte galega

Imaxe - 16 Marzo 2016

Vanesa Díaz estuda na súa tese a obra de máis de 30 creadores formados na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Andrea A. Fontán, creadora que participa no ciclo Cinema e Muller

O Novo Cinema Galego tamén ten nome de muller

Imaxe - 08 Marzo 2016

“Cinema e Muller” é un mapeo de mulleres realizadoras vinculadas á provincia de Pontevedra que conta con charlas sobre cinema e xénero, unha mostra de cinema galego e a estrea dunha película colaborativa realizada por dez cineastas.

Sen título. Urbano Lugrís. Dimensións: 57 x 48 cm. Técnica: óleo sobre taboa / Colección Abanca

A beleza lugrisiana

Imaxe - 07 Marzo 2016

Este bodegón pintado por Urbano Lugrís non é unha imaxe antiga. Tampouco é futurista nin actual. Sen embargo é unha visión familiar que traspasa os límites da realidade artística e a realidade natural. Artigo de Iria-Friné Rivera Vázquez.