Presentación da novena edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense / DUVI.

O Festival Internacional de Teatro de Ourense promete unha edición “máxica e espectacular”

Escenarios - 27 Setembro 2016

Compañías galegas, estatais e internacionais participarán neste encontro do 7 ao 19 de outubro.

Ánxeles Cuña /sarabela teatro

Sarabela Teatro estrea “Normas para saber vivir na sociedade actual” en Ourense

Escenarios - 22 Setembro 2016

A compañía ourensá Sarabela Teatro estreará mañá, venres, día 23 de setembro, ás 21h no Auditorio Municipal a súa nova produción: “Normas para saber vivir na sociedade actual”, unha obra de Jean-Luc Lagarce, dirixida por Ánxeles Cuña., con Fina Calleja, Sabela Gago, Elena Seijo, Fernando Dacosta e Vadzim Yukhnevich.

Tartufo representado polo CDG

O Centro Dramático Galego presenta a súa adaptación de Molière

Escenarios - 21 Setembro 2016

A primeira produción propia do Centro Dramático Galego con Fefa Noia á fronte permanecerá ata o 16 de outubro no Salón Teatro, onde ofrecerá seis funcións semanais con pases matinais os martes e mércores, e xerais de xoves a domingo.

Mofa e Befa en Bobas @ Galegas Mofa e Befa en Bobas @ Galegas

Mofa e Befa arréanlle ao Século de Ouro esta fin de semana na Coruña

Escenarios - 16 Setembro 2016

O popular e divertidísimo dúo cómico presenta no Teatro Colón o seu último e premiado espectáculo.

Representación de FOOT BALL

Que teñen en común o fútbol e a danza?

Escenarios - 13 Setembro 2016

A obra de teatro Foot-ball é a ocasión de ver en xogo aos bailaríns de Gelabert Azzopardi descodificando, coreográficamente, algunhas das mellores xogadas do FC Barcelona. Vídeo no interior.

Cartel de The Hole 2

The Hole promete poñer “patas arriba” Santiago

Escenarios - 12 Setembro 2016

A obra combinación de música, circo, cabaré, burlesque e humor é un dos grandes éxitos comerciais do teatro nos últimos anos.

Ensaios do Centro Coreográfico Galego para as Catro Estacións / Belén Vázquez CDG

O Centro Coreográfico Galego a piques de estrear "As Catro Estacións"

Escenarios - 30 Agosto 2016

A sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) na Coruña acolleu este verán os ensaios da produción ‘As catro estacións’. Trátase dun novo espectáculo contemporáneo sobre a música de Antonio Vivaldi. Iker Gómez e Kenneth Tindall son os directores.

Elenco de Heroes /afundacion.org

Últimos días para as entradas da tempada de teatro de Afundación en Vigo

Escenarios - 26 Agosto 2016

A premiada Héroes de Gérald Sibleyras é parte do programa teatral. O abonos, que supoñen un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas soltas, estarán dispoñibles ata setembro.

María Adánez e Roberto Enríquez en El Pequeño Poni

Últimos días para adquirir os abonos para a tempada teatral en Pontevedra

Escenarios - 23 Agosto 2016

Nomes coma María Adánez, Roberto Enríquez, Nuria González ou Juan Antonio Molina no elenco actoral programado. O acoso escolar ou a prostitución son algúns dos temas que abordan as obras. Os abonos supoñen un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas soltas

O espectáculo galego ‘Lady Shakespeare’ estréase en Edimburgo no Festival Fringe

Escenarios - 04 Agosto 2016

Lois Blanco dirixe esta obra teatral protagonizada por Paula Blanco e que se presentará o 15 de agosto na cidade escocesa.

María Adánez e Roberto Enríquez en El Pequeño Poni

A temática social protagonista da tempada de teatro en Pontevedra

Escenarios - 12 Xullo 2016

Ábrese o pano da tempada de teatro de Afundación en Pontevedra coa venda de abonos Nomes coma María Adánez, Roberto Enríquez, Nuria González ou Juan Antonio Molina no elenco actoral programado. O acoso escolar ou a prostitución son algúns dos temas que abordan as obras. Os abonos supoñen un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas soltas.

Ensaio de Chévere para a Ultranoite /redenasa.tv

O Eroski Paraiso de Chévere chega a Cangas

Escenarios - 07 Xullo 2016

A nova representación de Chévere Eroski Paraíso é un relato de varias xeracións da Galicia actual.