A

A Mostra de Teatro de Ribadavia celebra a trintena con convidados especiais

Escenarios - 25 Xuño 2014

O 30 aniversario da Mostra Internacional de Teatro Ribadavia (MIT) traerá a Galicia, por vez primeira, ao director inglés Declan Donellan, un dos grandes nomes do teatro internacional. A Mostra, que se celebra entre o 19 e o 26 de xullo, pretende ser un “foro de novos valores e apostas diferentes e arriscadas”.

Xigantes en Xinzo

Monicreques, cabezudos e xigantes toman Ourense

Escenarios - 23 Xuño 2014

Esta semana celébrase o I Encontro ‘Bonecos do Atlántico’, coa presenza de nove compañías de teatro de monicreques procedentes de Galicia e Portugal, ademais de agrupacións de xigantes e cabezudos. Este festival pioneiro pretende recuperar a tradición dos bonecos nas festas populares, que en Galicia está documentada dende o século XVII.

Pepe Penabede en Dura Lex

A “máquina de facer xustiza”, en terras compostelás

Escenarios - 18 Xuño 2014

O espectáculo ‘Dura Lex’ da compañía Volta e Dálle propón unha comedia satírica que critica ao sistema xudicial vixente. Escrito e dirixido por Carlos Santiago e protagonizado por Pepe Penabade, quen encarna a un xuíz expulsado da maxistratura que presenta un invento para suplir os elementos “prescindíbeis” do aparello xudicial. Estarán no auditorio da Ramallosa, en Teo, o xoves 19 ás 21:30h.

Teatro baleiro

En Ourense tamén hai Cultura

Escenarios - 20 Maio 2014

Un grupo de asociacións culturais de Ourense xuntáronse en EsCuA para pedir espazos de espresión cultural na cidade das Burgas.

Personaxes de Barriga Verde

"Se contar cun personaxe propio non é digno de ser preservado, non contamos moito como Cultura"

Escenarios - 04 Maio 2014

Falamos con Comba Campoy antes do II Ponte… na Escena-Festival Internacional de Teatro de Gondomar. Dentro da edición deste ano hai un protagonista de luxo: Barriga Verde. A mítica personaxe de monicreques que percorreu feiras e romarías galegas no século XX centrará a programación deste Festival a través de representacións, a proxección dun documental, e unha exposición.

Barry Mandley, contacontos irlandés / Festival Atlántica

Barry Manley: “Nunca entendín a atracción de Irlanda para o Imperio Británico”

Escenarios - 17 Marzo 2014

Os irlandeses están “sempre dispostos a botar uns risos”, incluso de si mesmos. Así é Barry Manley, comediante nado en Irlanda e residente no País Vasco. Aprendeu a historia do seu país grazas ao ex soldados do IRA. Actúa este luns en Santiago no marco do Festival Atlántica. Entrevista de Ursula Neilson en galego e inglés.

Unha das edicións do Premio Diario Cultura do Teatro Radiofónico/ CRTVG

Máis teatro radiofónico

Escenarios - 13 Marzo 2014

Que pasaría se o avión no que é transportado o rescate económico europeo tivera que alixeirar peso e ciscara 153 kg. de billetes por riba de nós? Precisamente niso consiste o tema do VII Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Crítica de Xosé Manuel Eyré.

Cándido Pazó Cándido Pazó

Cándido Pazó: “A narración foi a miña táboa de salvación”

Escenarios - 13 Marzo 2014

Cándido Pazó non nos salva das penalidades da actualidade, pero cando menos comparte o seu humor, espazo e tempo co público e nos fai sentir menos solos. Na noite do xoves 13, o Festival Atlántica de narración oral trae ao Auditorio da Ramallosa de Teo as historias máis divertidas e mordaces do seu Decamerón. Entrevista de Úrsula Neilson.

Mercedes Peón inaugura o II Festival Atlántica de Narración Oral

Escenarios - 11 Marzo 2014

Narradores de Bretaña, Irlanda, Madeira, Arxentina, Uruguai, Brasil, ademáis de boa parte dos contacontos profesionais do noso país, danse cita no festival máis importante de contos do país.

Presentación da II Edición do Festival Atlántica cunha queimada / X.G.

Espectáculos e relatos eróticos unen ás nacións atlánticas

Escenarios - 03 Marzo 2014

Xa está dispoñible o programa do Festival Atlántica de narración oral 2014, cuxos espectáculos poderanse ver a partir do 11 e ata o 22 deste mes.

Zumalave dirixindo a Filaharmonía de Galicia

Monicreques e música clásica en Santiago

Escenarios - 19 Febreiro 2014

Un espectáculo de monicreques acompañará aos músicos na narración desta historia infantil. A orquestra ofrecerá dous concertos didácticos para colexios, o xoves e o venres, e un para familias o sábado.