ENCE defende o eucalipto e dí que se ve menos afectado polos incendios

A empresa apunta ao "abandono do rural e a falta de xestión" como os "máis potentes aliados dos incendios".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2017

ENCE defende que a superficie de eucalipto en Galicia é a menos afectada polos lumes, mentres sinala que "o abandono do rural e a falta de xestión son os máis potentes aliados dos incendios".

Neste sentido, remítese a informes anuais presentados polo Ministerio de Agricultura que reflicten que no período 2000-2013 (último estudo emitido) a incidencia media anual dos incendios afecta só ao 1% da superficie de eucalipto galega, incluíndo os lumes de 2006.

Así mesmo, nun comunicado, a empresa destaca que o informe da Confederación de Organizacións de Silvicultores de España (COSE) sobre os incendios en Galicia, de xaneiro de 2015, sinala que na zona norte do país, onde se concentran as maiores superficies de eucalipto, os lumes son "practicamente inexistentes".

"O abandono do rural e a falta de xestión son os máis potentes aliados dos incendios forestais. Pola contra, a xestión forestal sustentable e eficiente é a mellor alternativa para evitar os lumes no monte galego, á vez que permite aproveitar todo o potencial de creación de emprego e dinamismo económico rural", apunta Ence.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
4

o conclusións

De feito en Viveiro, Foz e Ribadeo arde moi pouco gracias aos eucaliptos, e no sur de Ourense arde moito, pois non hai eucaliptos. Evidentemente o clima mais húmido, as temperaturas mais frescas e a frecuente chuvia durante o verán non teñen nada que ver.


3

Eu mesmo

Trolls de CCOO e Marea de Pontevedra a ladrar en 3, 2, 1...


2

chisqueiro-7 a base

Claro, claro. Arde nos outros sitios... e así logo medra o eucalipto neles


1

anonimo

Xa se ancarregará ENCE de que arda máis ainda.


Incendio Portugal