En Marea aposta por formar á poboación en plans de evacuación e seguridade en caso de incendios forestais

O portavoz de En Marea, Luís Villares apostou este luns pola creación de plans de continxencia e evacuación en caso de incendios forestais e por formar á poboación nesta materia para evitar, na medida do posible, situacións como a ocorrida en Portugal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2017

O portavoz de En Marea, Luís Villares apostou este luns pola creación de plans de continxencia e evacuación en caso de incendios forestais e por formar á poboación nesta materia para evitar, na medida do posible, situacións como a ocorrida en Portugal.

Nunha rolda de prensa, Villares puxo en acento na "necesidade dunha acción preventiva" e de mellorar o coñecemento que a sociedade en xeral ten sobre como actuar en relación a un incendio forestal, incuso coa realización de simulacros.

O portavoz de En Marea mandou "unha mensaxe de solidariedade e de apoio" a Portugal, á vez que fixo fincapé na necesidade de "facer unha reflexión con toda a prudencia" sobre a situación e condicións similares de Galicia.

"Cando miramos para o país veciño, vemos que temos similitudes na forma de masa forestal, estrutura poboacional, rede de comunicación viaria...", dixo Villares, ao que sumou "a situación de abandono do rural, que provoca que o que antes eran espazos ordenados e aproveitados, convértanse en masa de combustible".

A ordenación de Galicia, "moi centrada nos monocultivos de eucalipto", crea un risco específico nos núcleos de poboación e nas vías de comunicación "debido á súa proximidade", dixo Villares, mentres que o deputado Antón Sánchez lembrou tamén a perda de terreos de labradío, que actuaban como "devasas naturais".

Entre outras cuestións, Villares lembrou a reforma levada a cabo en 2012 pola que se "reduciron" as zonas de seguridade das plantacións forestais a núcleos de poboación ou cámping, pasando dos 100 aos 50 metros.

Tras a situación vivida en Portugal, instou a "revisar" estes límites e "volver ás franxas de seguridade anteriores".

Para concluír, Villares ofreceu a "completa colaboración" de En Marea "á Xunta" tanto para "revisar a normativa para mellorar a prevención e a seguridade, como para apoiar todas as accións preventivas e de concienciación que a Xunta poña en marcha".

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

anonimo

Con que se respetaran (que non se fai, en ningures) os 30 metros ás casas illadas e os 10 metros ás estradas, non habería problema ningún. O caso é comezar a sancionar con miles de euros ós propietarios que non os respetan. Ninguén se vai arriscar a perder eses votos. Marea incluida (non hai máis que ver a hipocresía na Mariña defendendo os intereses de Alcoa e o seu lago de millóns de litros de lama vermella)

1 resposta
1

Por Balbino Fernández: Nin Mareas nin BNG, xa non falemos do resto, ninguén se atreve! Políticos inútiles, o dos incendios evidencia --outra mostra-- a nulidade, a incapacidade e covardía. Con todo, ante a magnitude do lume e do fume, non abonda con 30 metros. O abandono dos propietarios irresponsables, coa complicidade de TODOS os políticos, algúns apostando enriba pola colonización dos eucaliptos, para que seguir. Hoxe a Xunta dixo que tiña 3.000 traballadores forestais, e serán 6.000 en pleno verán. Pois, sendo 3.500 parroquias, quitando as urbanas e non boscosas, con un forestal por parroquia en prevención o país sería un xardín coidado. Outra mostra da inutilidade, claro que perderían o negocio os apagalumes amigos e votos as ratas que nos gobernan.


En Marea sobre incendios / Europa Press