Unión dos sindicatos para a recuperación de dereitos laborais “suspendidos” no Sergas

Centos de persoas manifestáronse este luns en Santiago de Compostela para esixir a recuperación dos acordos retributivos e de condicións de traballo perdidos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2017

Centos de persoas manifestáronse este luns en Santiago de Compostela para esixir a recuperación dos acordos retributivos e de condicións de traballo que, segundo denuncian, foron "suspendidos" de forma "unilateral" polo Goberno de Feijóo. Deste xeito, persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas), participou este luns na marcha que partiu desde o edificio administrativo da Xunta, en San Caetano, ata a Consellería de Sanidade, en San Lázaro.

A marcha, convocada pola CIG, CC.OO., UXT, CSIF, SATSE e SAE, é unha máis das protestas que estes sindicatos desenvolven desde hai varios meses ante a situación laboral que sofre o Sergas. E é que, conforme criticou a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, moitos profesionais "mesmo se ven obrigados a emigrar para non sufrir a precariedade laboral á que están condenados polas políticas do PP en Galicia".

Así, lembrou que desde o ano 2009 esperan a que a Consellería de Sanidade acepte "negociar" na mesa sectorial un calendario no que se marquen os prazos para recuperar os acordos e "unhas condicións salariais e laborais que se viron minguadas debido aos recortes impostos polo Partido Popular".

ENDURECER AS PROTESTAS

"Se chegado o mes de setembro non se convoca a mesa sectorial, para que nos orzamentos de 2018 xa haxa algunha partida orzamentaria que permita comezar a recuperar o que nos foi roubado, edureceremos as medidas de presión e chegaremos ata onde faga falla", avisou.

Neste sentido, os sindicatos consideran que o persoal do Sergas "non pode seguir á cola das retribucións dos servizos de saúde do Estado español". "Se Feijóo presume de que a economía galega é a máis saneada do Estado os traballadores do Sergas temos dereito a recuperar as nosas retribucións para situarnos na media", sinalan.

Entre outras cuestións, os sindicatos lembran que, "ademais de suspenderse os acordos en materia retributiva", tamén se viu "paralizada" a carreira profesional ou o complemento salarial do "100% por incapacidade temporal". Xunto a iso, piden a negociación da recuperación do 100% dos postos de traballo vacantes desde o ano 2010.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Dr Bacterio

Nos centros de traballo non falan cos traballadores e non fan mobilización NINGUNHA


Persoal do Sergas maniféstase en Santiago de Compostela / Europa Press