A Xunta destina 9 millóns a crear superficies forestais en terras non agrarias

A Consellería do Medio Rural insiste que son para frondosas caducifolias, é dicir, carballos ou castiñeiros, entre outros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2017

A Consellería do Medio Rural destinará nove millóns de euros en dous anos á creación de superficies forestais en terras non agrícolas, segundo publica este luns o Diario Oficial de Galicia (DOG). Unhas superficies que só poderán ser repoboadas con frondosas caducifolias, é dicir, carballos ou castiñeiros, entre outros.

O orzamento total destinado a estas achegas é de 9 millóns de euros (3 millóns no 2017 e os 6 millóns restantes para o ano 2018) e o prazo de presentación de solicitudes será de trinta días hábiles contados a partir deste martes.

En canto ás entidades beneficiarias, trátase de persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares do terreos obxecto de axuda, entendendo por tales tanto os propietarios como os arrendatarios ou xestores.

Poden ser sociedades de fomento forestal (Sofor), propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, as cooperativas agrarias, os proindivisos, as comunidades de bens ou as entidades locais, entre outras.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

Angel

Poca medida parece, a tenor de lo sucedido en Portugal. Hay que destinar mas medios para cuidar el bosque gallego, mas medidas persuasivas contra el terrorista pirómano, mas restricción de cohetes festivos, mas presencia de la UME y de brigadas contra el fuego. Nos espera un verano de calor, no podemos cagarla como todos los años.


1

LUMES A AUSTRALIANA

eucaliptos e lume forestal de eucaliptal, Galiza xa ten demasiados 400.milleiros de hectáreas coas plantacions moitas abandoadas, ence e un-ha empresa de expañol levan os cartos a expaña e envelenan a ria e arrasan nosos montes, a xente que dirixe ence son do pp PARTIDO PUTREFACTO, son expaña e son roubo e saqueo, en PORTUGAL ESTA O DOBRE DE EUCALIPTAL E ASPASTEIRAS PAGAN A METADE, enton todo abandoado, a xente deixa as plantacions de eucaliptos abandoadas, o eucalipto ten aceites e desprende a cortiza e especie pirofita propaga os lunes ... ARDERA POIS COMO EN AUSTRALIA LUMES EXPLOSIVOS ... MIREN COMO SON OS LUMES EN AUSTRALIA E VIRAN O FUTURO QUE NOS TRAE O PEPEIRO


Avance do eucalipto fronte ás carballeiras / Adega