EU chama a pasar páxina nos “debates internos estériles” de En Marea

A nova líder, Eva Solla, reclama que a confluencia se centre na elaboración de propostas políticas e aparque a discusión sobre a súa vida interna.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2017

A recentemente elixida coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, incidiu en que En Marea, partido instrumental polo que é deputada no Parlamento galego, debe centrarse en traballar "nas propostas políticas" e deixar ao carón "debates internos estériles".

LUÍS VILLARES

Nunha entrevista concedida este domingo en Radio Nacional de España recollida por Europa Press, Solla incidiu en que Esquerda Unida sempre apostou pola confluencia. "Iso non significa que vala absolutamente todo", apostilou.

Así, indicou que Luís Villares "merece todo o respecto como portavoz". "Outra cousa é o devir do proxecto en se. É imprescindible situar a En Marea dentro do traballo de propostas", remarcou.

Cuestionada sobre a nova etapa que abre Esquerda Unida tras a súa elección como coordinadora nacional sucedendo a Yolanda Díaz, Solla situou como reto do partido "reforzar e mellorar naquelas áreas onde se fixo menos ben ou non houbo tanto tempo para traballar".

MOCIÓN DE CENSURA

Logo do rexeitamento do Congreso dos Deputados á moción de censura contra Mariano Rajoy presentada polo grupo confederal de Unidos Podemos, a deputada de En Marea cre que non supuxo "un fracaso", xa que se logrou "expor un programa de goberno alternativo".

Así mesmo, criticou ao PSOE por criticar "coa boca grande" os casos de corrupción do PP pero "coa boca pequena" descartar "facer uso dous instrumentos que contempla a Constitución para facer fronte a esa realidade".

Así, ante a posibilidade de que nun futuro póidase presentar unha nova moción de censura contra Rajoy cun proxecto de goberno entre Podemos e socialista, Solla opinou que ese extremo debe valorarse "desde programas políticos".

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

9 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 8

    Pepe Potamo

    Xulio Ferreiro critica el rumbo tomado por En Marea: «Algo non se está facendo ben» Yolanda Díaz insiste nas críticas a En Marea e di que avanza nun terreo contrario ao espírito constituínte. Críticas a Mariano Abalo após pedir máis peso para o nacionalismo de esquerdas na Marea. Yolanda Díaz (EU) rechaza responder a las críticas de Beiras y reivindica que En Marea "está viva" pese a los conflictos. Villares replica a Ferreiro que traslade as súas críticas aos órganos de En Marea. Carmen Santos ve una «irresponsabilidad» que miembros de En Marea no se centren en la «oleada» de corrupción

    1 resposta
    1

    Por Pepe Potamo: Parte das bases de Podemos Galicia critica a integración en En Marea. O sector pro-Pablo Iglesias de Podemos Galiza critica que Carmen Santos estea próxima a Beiras. Santos apoya a Iglesias y critica a los errejonistas por perjudicar a Podemos. Antón Dobao tacha a la secretaria general de Podemos Galicia de "lo peor que le pasó a la confluencia" y ésta replica pidiendo "lealtad"............................................. e tal e tal


    7

    Eu mesmo

    E logo, cál foi o programa político de Iglesias?. Ahh, que non ten, é o que pasa cando todo o argumentario cabe nun chío.


    6

    RAMIRO DE YOLI

    Non creo que opinen o mesmo Yoli Procesiones e Toné


    5

    Ben-fodido

    Eu quero ser comunista de 6.000 pavos ao mes. En quero ser Eva Solla


    4

    Non cabe un parvo máis

    Feministas teorizando sobre a burka ou a prostitución como empoderamiento para a muller, activistas LGTB defendendo os ventres de aluqueiro, activistas animalistas comparando un matadoiro cos campos de concentración, activistas do precario interesándose pola economía colaborativa, activistas culturais reivindicando expresions lixo como populares, activistas da saúde contra as vacinas, activistas étnicos tratando a poligamia con respetco ou activistas ecologxstas capaces de asumir a morte por desnutrición antes que aceptar avances tecnolóxicos nos cultivos. Hai marea.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • A deputada de En Marea e membro de EU Eva Solla / Europa Press