Noriega, Ferreiro e Suárez reivindican a importancia do cambio no ecuador dos seus mandatos

Os alcaldes de Compostela, A Coruña e Ferrol chaman a continuar "coa alegría do primeiro día" nunha romaría a que non asistiu, precisamente, o líder de En Marea, Luís Villares.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/06/2017

Os chamados alcaldes do cambio, Xulio Ferreiro (A Coruña) e Jorge Suárez (Ferrol) e Martiño Noriega (Santiago) sacaron peito este domingo nunha romaría organizada por Compostela Aberta para celebrar os dous anos do seu goberno. O acto, que tamén serviu para reivindicar a importancia das mareas nos gobernos municipais, non contou, sen embargo, coa presenza de quen lidera En Marea, Luís Villares, nin coa doutras mareas municipalistas que tamén teñen responsabilidade de goberno.
 
Ata a capital galega desprazáronse os rexedores de Ferrol e da Coruña que, xunto co alcalde compostelán, Martiño Noriega, exercendo como anfitrión, participaron nunha celebración que, como declarou este último, "serve para facer un exercicio de memoria" para "gañar o futuro". Os tres alcaldes “das cidades do cambio' atenderon aos medios antes do inicio da festa, na que tamén puido verse ao viceportavoz parlamentario de En Marea, Antón Sánchez. Luís Villares foi unha das ausencias aínda que, segundo Noriega, estaba convidado do mesmo xeito que "todo o espazo de ruptura".
 
"As celebracións serven para facer un exercicio de memoria, saber de onde vimos e gañar o futuro. Chegamos para quedarnos, non somos intrusos. Somos un movemento social irreversible", declarou o rexedor da capital galega, que remarcou que os gobernos das mareas teñen a obrigación de "exercer de cidade".
 
A Coruña, Ferrol e Santiago
 
Así, a preguntas dos medios, o rexedor herculino, Xulio Ferreiro, fixo balance sobre os seus dous primeiros anos á fronte de María Pita, que cre que foron "razoablemente positivos", xa que A Coruña deixou "de ser noticia por leas xudiciais ou por cuestións negativas".
 
Deste xeito, destacou que o emprego "crece" nunha cidade que recibe cada ano máis visitantes, o que axuda a situar A Coruña como un destino turístico "a nivel do Estado e máis aló". Ademais, mostrou a súa confianza en "pechar moitas das cousas que se foron abrindo" durante a primeira parte do mandato nos dous próximos anos.
 
Pola súa banda, o rexedor ferrolán, Jorge Suárez, logo dunha semana complicada na que a concelleira de Ferrol en Común Esther Leira expresou publicamente as súas desavinzas co alcalde; cualificou a situación política do consistorio como "épica" en lugar de "dramática".
 
No entanto, emprazou ao ámbito interno da marea ferrolá para debater as diferentes abertas entre os seus membros, á vez que fixo un chamamento a "facer fronte común" no concello departamental, unha cuestión "importantísima" no que debe incluírse a BNG e ao PSOE, a pesar de "todas as dificultades" que ten este último partido na cidade.
 
Preguntados sobre a nova etapa aberta no PSOE coa volta de Pedro Sánchez e a posibilidade de que isto poida supor un achegamento coas forzas rupturistas, Martiño Noriega mostrouse cauto aínda que cre que "todo parece indicar que se está conformando unha alternativa ao PP desde a pluralidade".
 
"Tanto as candidaturas municipalistas e cidadás tanto o espazo da marea non lle deu as costas a esa posibilidade e foron outros os que puxeron os problemas. O que nos toca é seguir traballando para que esa xanela de cambio siga ensanchando", apostilou.
 
En Marea
 
En canto á situación de En Marea a nivel da política autonómica, de novo Noriega expresou que se trata de "un espazo plural que se constrúe todos os días desde o espazo cidadán".
 
E é que, para o primeiro edil de Santiago, En Marea está baseado nun "capital" que "garante que o espazo estea en disposición dentro de dous anos de ir a unha segunda volta e asentar o cambio político do país".

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

28 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 12

    Ti si que sabes

    A pucha tapacalvas esa debe de dar unha calor espectacular con estas temperaturas, ningún vello a levaría. Pero aí está Martitño aguantando coma un campión para que non lle vexan o cocoliso


    11

    Xabier Perde

    Que cambio. O cambio de que lles coincidiu a poltrona con caducidades de concesións privadas e non recuperaron nin unha soa, o contrario, deron máis. Que sigan cos seus encontros de networking asesoril nas cidades rebeldes porque el mundo me ha hecho así pero que paguen eles as viaxes


    10

    Bisbardos

    Kaos, sectarismo, mugre y reparto de poltronas entre los amiguetes. Ese es el resumen de los gobiernos municipales mareantes.


    9

    Bisbardos

    Kaos, sectarismo, mugre y reparto de poltronas entre los amiguetes. Ese es el resumen de los gobiernos municipales mareantes.


    8

    John McNamara

    Rupturistas?, por favor vaian a Pontevedra, Allariz, Carballo....

    3 respostas
    1

    Por Xan Macán: Fiesta Nacional, el "boi" que no sufre y se divierte corriendo contra los judeos, los conciertos de nuestro cantante patriota Bertín Osborne como estrella de las fiestas, Los 40 Principales para adoctrinar a los jóvenes, facilitar los actos patrióticos y desfiles del glorioso Ejército Nacional, dar gloria en el ruero a gloriosos camaradas de camisa azul, proteger la familia como pilar de nuestra Nación y sus negocios... No hay color, el Bloque Nacional Gallego y su aliado natural, el PsoEspañolisimo, son los buenos.

    2

    Por Cances: Vai ti esta semana ás festas de Carballo, podes ver a Evencio Ferreiro, para este non hai limitación de mandatos, cantando a dúo con David Bisbal

    3

    Por John McNamara: Iso é toda a crítica que facedes?...así vos vai algúns.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • Luís Villares

    Noriega, Suárez e Ferreiro nun acto para reivindicar a importancia dos seus gobernos / EP