Galicia, capital das linguas minoritarias do Estado

Santiago de Compostela acollerá a final de mes unhas xornadas sobre a situación das doce linguas minoritarias que se falan no Estado. A xuntanza está impulsada polo Consello de Europa e ten como unha das súas finalidades analizar o cumprimento da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/06/2017

Amazige, árabe ceutí, aragonés, aranés, asturiano, caló, catalán (Aragón, Cataluña, Illas Baleares, Murcia e País Valencià), éuscaro (Navarra e País Vasco), fala, galego (Asturias, Galicia, Castela e León), leonés e portugués (Extremadura) son, por orde alfabético, as linguas rexionais ou minoritarias existentes en España. Representantes de todas e cada unha delas estarán presentes no "Foro de debate da Carta Europea para as Linguas Rexioniais ou Minoritarias" que o Consello da Cultura Galega organiza en colaboración co Consello de Europa. O encontro, que terá lugar os días 29 e 30 de xuño en Santiago, analiza o impacto do cumprimento da Carta en España cando se cumpren vinte e cinco anos da súa aprobación.
 
A principal finalidade deste evento consiste, segundo apunta o profesor da Universidade de Vigo e un dos organizadores, Fernando Ramallo, en abrir un espazo para a reflexión respecto do cumprimento dos compromisos adquiridos nos artigos 7 a 13 da Carta. "Os obxectivos son divulgar a Carta, coñecer as problemáticas, e os avances,  en voz non tanto das autoridades, que xa mandan os seus informes ao Consello de Europa, senón dos falantes, das asociacións", suliña en declaracións a Galicia Confidencial. Para tal fin acudirán expertos en diversas áreas de todo o Estado. Entre eles, e no apartado de comunicación, falará da situación galega o director de GC, Xurxo Salgado.
 
A Carta Europa para as Linguas Rexionais ou Minoritarias é o texto legal máis relevante para a protección e promoción das linguas minoritarias en Europa. En 2017 celébranse os vinte e cinco anos da súa aprobación, unha data que propicia este foro de debate no que se pretende facer unha avaliación das consecuencias deste documento. O encontro desenvólvese tamén con outra data relevante, como é a próxima presentación do quinto informe sobre o cumprimento da Carta que avalía o período comprendido entre os anos 2014 e 2016.
 
Alén do aniversario sinalado, o Foro ten lugar a poucos meses de que o Estado español remita ao Consello de Europa o seu quinto informe sobre o cumprimento da Carta para o período 2014-2016. Coa recepción dese quinto informe comezará o proceso de monitorización establecido na propia Carta. Por iso, desexamos que o Foro poida ser aproveitado na reflexión e na acción das políticas públicas a prol das linguas minoritarias.
 
Programa
 
Esta cita reunirá por primeira vez a máis dunha trintena de especialistas para ofrecer un estado da cuestión do panorama lingüístico a nivel estatal. Durante dous días exporase a situación tanto das linguas sen recoñecemento oficial como das que si o teñen. Dentro destas últimas analizarase a situación no ámbito educativo, nos medios de comunicación, na xustiza e as administración, nos servizos públicos. Ademais, prestarase atención ás linguas oficiais nas actividades e servizos culturais e na vida académica e social.
 
No programa tamén está previsto que se aborde a monitorización do cumprimento da Carta Europea para as linguas Rexionais ou Minoritarias, para o que estará presente o xefe da Secretaría da Carta, Sixto Molina. Antes das conclusións, responsables de institucións culturais como o Consello da Cultura Galega, o Instituto Ramón LLul e o Instituto Vasco Etxepare ofrecerán unha reflexión sobre estes asuntos desde o punto de vista de traballo destas entidades responsables de velar pola cultura galega, catalá e vasca.
 
Carta Europea para as Linguas Rexionais
 
En 1992, o Consello de Europa aproba a Carta Europa para as Linguas Rexionais ou Minoritarias, considerado o instrumento legal máis relevante para a protección e a promoción das linguas minoritarias en Europa. O tratado entrou en vigor en 1998, unha vez que foi ratificado por cinco estados.
 
Este 2017 celébranse 25 anos dende a súa aprobación. "É un período suficientemente extenso como para poder avaliar a súa repercusión e a súa actualidade", apunta Ramallo que destaca a pertinencia de que se faga este foro e que que o lugar escollido para iso sexa Galicia.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

15 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 7

    anonimo

    Es mejor darse de baja de este invento, visto como degenera el asunto. No es obligatorio así que a darse de baja.


    6

    José Virgilio García Trabazo

    A "fala" é galego. Asturiano e leonés son a mesma lingua.

    1 resposta
    1

    Por Mañego galego: A fala é galego! Xa..leonés e asturiano son a mesma lingua como o son galego e portugués, pero hai matices, non si? Falar de linguas é case sempre un erro, pero ser unha autoridade no que é ou non é unha lingua clama ao ceo. Entre os moitas persoas que estudaron a fala, poucas, moi poucas din que é galego. Unha máis contigo! Beizón


    5

    Valdeorras Nazón

    Seguimos co centralismo compostelán. Qué pasa co valdeorrés?

    1 resposta
    1

    Por nostrus: Un saudo valdeorres, invitote a un cafe no bar do Felipe, no Leira


    4

    Berenguela

    Boto en falta o touriñés,


    3

    nostrus

    Es un mapa muy chapucero. por ejemplo en la Peninsula iberica deberia haber dos colores (portugues y español) y luego en la zona que abarca el gallego deberá haber rayas de otro color correspondiendo al gallego, en la zona del euskera tambien rayas de otro color correspondiente al euskera e igual en la zona del catalan y lo mismo en los demas paises. Este mapa esta hecho para uso y disfrute de los naciosos pareciendo distintas naciones. Igual hasta se lo creen.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Fernando Ramallo, especialista en neofalantismo e membro do Comité de Expertos do Consello de Europa que se encarga de velar pola Carta Europea das Linguas Minoritarias

    Mapa de linguas minoritarias da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias / UE