O BNG sobre o proceso catalán: “Galiza non pode ficar ausente no novo escenario político”

O Bloque Nacionalista Galego fai público un comunicado de apoio ao referendo independentista en Cataluña e acusa ao Goberno español dunha "escalada represiva".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/06/2017

A Executiva Nacional do BNG acordou facer público este xoves un comunicado de apoio á consulta vinculante que o Goberno catalán vén de convocar. No texto, a fronte nacionalista galega expresa a súa posición ante este novo escenario que se abre no Estado e no que, din, "Galiza non pode ficar ausente".  

O BNG considera "un principio fundamental e imprescindíbel" a consulta ao pobo nunha sociedade democrática, así como "un dereito clave para todas as nacións do mundo" a posibilidade da autodeterminación.

A fronte tamén lamenta a oposición do Goberno español a esta consulta e a "escalada represiva" que, segundo o BNG, se está a producir co enxuizamento de diversos cargos políticos cataláns.

Neste contexto, o BNG considera que "se abre un novo escenario político no Estado no que Galiza non pode estar ausente", xa que "o modelo do Estado das autonomías é un modelo fracaso e debemos dar pasos firmes para superalo, abrindo unha nova etapa que nos dote dun novo marco que permita mellorar a vida dos galegos e das galegas e progresar como pobo".

COMUNICADO DO BNG 

Ante o anuncio do presidente da Generalitat de Catalunya, da convocatoria dunha consulta vinculante para o vindeiro 1 de outubro, o Bloque Nacionalista Galego quere manifestar:
 

  1. Para o BNG, a posibilidade de expresar e materializar as distintas opinións políticas é un principio fundamental e imprescindíbel en calquera sociedade democrática, e a autodeterminación un dereito clave para todos as nacións do mundo, segundo o recoñecido –entre outras- na Declaración Internacional dos Dereitos Humanos e dos Pobos. Neste sentido, entendemos que nunha situación na que a maioría da sociedade catalá quere votar para decidir o seu futuro ningún demócrata se pode opor a que se lle consulte ao pobo e se acaten os resultados. En congruencia con este principio, o BNG apoia a celebración da consulta convocada polo Goberno da Generalitat para o vindeiro 1 de outubro en Cataluña. 
     
  2. Lamentamos que o Goberno español se negase en banda a acordar un referendo pactado e vinculante como se teñen realizado en Escocia ou no Quebec. As principais institucións catalás, así como diversas organizacións representativas da sociedade civil, intentaron todas as vías posíbeis para cumprir co mandato de consultar ao pobo de Catalunya a través dun referendo de autodeterminación acordado, efectivo e vinculante. Porén, o Goberno de Rajoy non só respondeu con reiteradas negativas e menosprezos ás institucións e á sociedade catalá, senón que desencadeou unha escalada represiva que pasou por riba de calquera hipotética separación de poderes e chegou até o enxuizamento de diversos cargos políticos, entre eles a presidenta e membros da Mesa do Parlamento, por autorizar votacións nesa cámara.
     
  3. O BNG reafirma e reitera a súa solidariedade coa sociedade catalá, coas forzas políticas que reclaman unha ruptura popular e un proceso constituínte, e coas institucións catalás atacadas e ameazadas polo Goberno español en base a nosa inquebrantábel defensa da democracia e o do dereito de todos os pobos do mundo a decidir libremente o seu futuro.
     
  4. Para o BNG, ábrese un novo escenario político no Estado no que Galiza non pode estar ausente. O modelo do Estado das autonomías é un modelo fracaso e debemos dar pasos firmes para superalo, abrindo unha nova etapa que nos dote dun novo marco que permita mellorar a vida dos galegos e das galegas e progresar como pobo. O BNG, sabendo que cada pobo ten as súas realidades e so seus propios ritmos, comprométese a traballar activamente para lograr que Galiza sexa tamén protagonista na superación do actual marco autonómico e na consecución dun novo estatus político para Galiza, baseado no exercicio de poder político real, soberanía que nos permita aos galegos e galegas decidir libremente o noso futuro e comezar a reverter as consecuencias políticas, económicas, sociais, culturais e lingüísticas negativas que tivo para o noso país.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

58 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 14

    anonimo

    O BNG é a forza dirixente en Galicia, que sinala o camino, e guía e ilumina ás masas cara a victoria final.

    1 resposta
    1

    Por Lozano & Lores SLU: Cara a victoria do PsoE, que no BNG traballan para o español e para a negociación do propio peto (cantos asesores mantidos colocamos a cambio do apoio? merecemos unhas migallas, dasme algo máis? partimos a diferenza e todos chupamos?). Hai que ver onde colocaron as prioridades os comunistas de salón (Upg e PcE), moi grande a dilixencia do BNG en alimentar barriguiñas agradecidas...


    13

    antiburras

    BNG? Que é BNG?

    2 respostas
    1

    Por Nemo: A tapadeira do chiringuito upegallo. Un grupúsculo de pirados seguidores de Pol Pot e Kim Jong-Un. Poderían empezar a presentarse ás eleccións co seu verdadeiro nome e non con marcas comerciais para despistar

    2

    Por NON_FUNCIONADES: O BNG é unha cousa que vos fai reacionar cada vez que aparece; vos pica, vos proe, vos fai dano. É isa cousa que tivo éxito nos concellos e que os PPsoeiros non soportan por iso mesmo e din que non existe por envexa. É o único que defende a autodeterminación, e por iso os PPSOEIROS queren que desapareza das forzas parlamentarias na Xunta. É unha desas cousas que funcionarían en Galiza se chegara a ter o poder, pero que se fará todo o posible para que non triunfe para que Galiza sega a ser o lixo do Estado. Son 20 euros pola información (que se queres che amplío)


    12

    nostrus

    Yo tengo inmensas discrepancias con el comunismo por sus actos de autoritarismo y barbarie que hasta llegó a superar al nazismo, pero tengo un agradecimiento hacia los comunistas españoles de la transicion que fueron los que mas colaboraron para que tuvieramos una democracia, llegando casi a renunciar al comunismo. Por contra los nacionalismos fueron los que salieron mas beneficiados y a la vez son los menos agradecidos y los que constantemente nos someten a su chantaje aun a pesar de ser la ideologia mas minoritaria de España. Durante la Transicion llegaron a ponerse de acuerdo desde las cenizas de la dictadura hasta el comunismo y los que menos contribuyero y los que mas dan la brasa son los nacionalismos. Los naciosos son intolerantes, intransigentes, chantajistas y solo saben hacer las victimas cuando no pueden ejercer de verdugos.

    27 respostas
    1

    Por Failde: Nostrus valente nos foros e covarde na realidade dos feitos, o teu nacionalismo español deixa tirados aos que COMA TI tiñan DNI español. Hai 42 anos desde a Marcha Verde, do 6 de novembro de 1975, momento da fuxida do Estado español do Sáhara, permitindo a súa entrega a Marrocos. Incumpríase a recomendación do Comité de Descolonización da ONU que, en 1966, recomendaba a autodeterminación do territorio. En 1974 o Estado español anunciara que nos primeiros meses de 1975 tería lugar o referendo de autodeterminación (refrendado polo ditame ao Tribunal Internacional da Haya). No entanto, a covardía dos españois facilitou a anexión e ocupación de Marrocos, baixando as calzas coa sinatura, o 14 de novembro de 1975, dos Acordos Tripartitos de Madrid, onde o Estado español cedía a administración do territorio a Marrocos. Os nacionalistas españois deixastes abanados aos comPATRIOTAS!!! Que agardar do españolismo: a fuxida coas calzas baixadas!!!

    2

    Por Parada do Sil: Nostrus, non te escondas, muda de nick, que che parece La Gallina Azul?

    3

    Por O Freire: nostrus, patriota de pacotilla, quedaches co cu ao aire!!!!!!!

    4

    Por nostrus: Failde, eres como un malnacido que pretenda chamarlle fillo da pta a seu irman. De todas as responsabilidades que me toquen por ser español pensa que ti tes as mesmas. España é o que sexa o conxunto dos españoles e dende logo os corruptos, os pederastas ou os sepa-ratas sodes os que mais contribuides a obter unha pésima imaxen de España, pero inda asi, a pesar dos corruptos, dos pederastas e dos separrtas españa é unha gran nacion, porque creo que a bondade é moi superior a maldade. Importame un ovo que sexas un rengado porque eres ti quen renega, non eu. E polo que a min refiere gustaríame un monton que non foses español ou que lle canxearas a cidadania a un tripulante dunha patera, proba a facelo e todos estariamos mais contentos. Tamen podes saltar a valla de Melilla ao reves si tan amargado estas.

    5

    Por Parada do Sil: Algúns non portamos nin axitamos bandeira nin trapo, ti si españolista, e vas presumindo de valente cando na realidade es un miñaxoia que deixa abandonados aos compatriotas. Loita polos que son tan españois coma ti ou encóllenche os ovos ante os marroquinos? Moita forza no anonimato da internet, moita covardía cando e onde hai que loitar! Galiña españolista, pio, pio, pio...

    6

    Por Failde: Nostrus es un profesional da provocación e da charlatanería. Imos ver, eu non teño especial odio nin tampouco querencia polos españois (os fascistas, aparte!). Non fago distingos, a humanidade toda e ningún rebaño en particular (nin os católicos, nin os do Real Madrid, nin os españois, tampouco os galegos, son os preferidos). Se foras un pouco espelido, que non é o caso, poderías rastrear e informarte das décadas que algúns dedicamos á loita polos dereitos do povo Saharaui. Eu podo amosar onde estiven, e ti? Fixéches algo, dame unha soa prova, polos que teñen DNI español e foron abandonados e entregados a Marrocos contra os ditames de tribunais internacionais? E ti, Nostrus, presumes de patriota? Valente patriota que se esconde no anonimato e na provocación detrás do parapeto das redes!

    7

    Por nostrus: Failde, eu non presumo de patriota, tan só de intentar selo, ao reves teu que presumes de non selo (corrixeme si me trabuco). Vexo que ti non entendes de patrias, nin bandeiras, nin fronteiras, ao mellor porque non tes sentimentos, nin familia, nin amigos e tal vez te parezas mais aos animais insociais (cobra por exemplo) aos animais sociais (abellas ou formigas) e si non entendes de fronteiras é porque non sabes distinguir o limite dos teus direitos e onde empezan os de os demais e para e ti todo é liso e chan. Xa che dixen antes que do que lle pasara aos saharauis tes ti tanta culpa como eu. E claro que intento ser patriota e ser leal a toda España empezando pola miña aldea de Galicia. Ao patriotismo chámeslle españolismo e ao renegar de España chámaslle patriotismo galego ¡que noxo!

    8

    Por Amancio: Nostrus, aquí ninguén renega de España. Non amamos mais ou menos a España por estarmos de acordo contigo nen cos que pensan coma ti. Os nacionalistas españois non decidides quen ama España e quen é español, síntocho. Os comentadores aquí están contra a túa idea de España, hoxe por desgraza maioritaria e que deriva dunha falsificación histórica dos nacionalistas liberais de 1812.

    9

    Por nostrus: Amancio, para ser buen español no es necesario cumplir ningun parámetro especial y tan solo basta con ser buena persona, independientemente de tus ideas politicas. Mi idea de España en cuanto a las personas se basa en que cada uno haga de su vida privada lo que le dea la gana y creo en la unidad de España "solo" hasta donde asi lo crea la mayoria de los españoles, por lo que claramente se ve que no soy nacionalista. El nacionalismo gallego solo concibe una Galicia con gallegos cumpliendo unos parámetros diseñados por ellos como si las personas fuésemos autómatas y no pudiéramos hacer lo que nos de la gana. Los únicos que pretenden decidir como hemos de ser para ser gallegos son los nacionalistas gallegos qe tachan de antigallego a todo aquel que no comula con sus ruedas de molino.

    10

    Por Celidonio: Nostrus, preguntaron que fixeches ti en concreto polos compatriotas saharauis? Acaso eran menos españois os saharauis que os cataláns? E aclárate, de onde sae a idea de nación española? Sábelo ou falas para encher espazos baleiros? Cantos territorios tiña, cantas constitucións son agora papel mollado, e cantas posesións lle quedan hoxe que a constitución de turno consagraba? Sabes cal é a diferenza en que decidan a maioría dos cataláns ou a maioría dos españois? Pois se os que opinan que deciden os cataláns son nacionalistas cataláns, os que opinades que o suxeito a decidir a soberanía son os españois sodes nacionalistas españois, nada de imparciais, certo que reafirmas a soberanía duns para negar a dos outros?

    11

    Por nostrus: Celidonio, si tes algunha dúbida sobre a existencia da nacion española podes consultalo na Constitucion, na CE, na OTAN, na ONU, no exército, na xeografía, na historia; ¿onde hai que consultar para saber da existencia da nacion catalana?. Non es ti o único que non cre nas constitucions; Franco tampouco cria. A diferencia en que decidan os catalans ou decidamos todos esta en que decidan todos os que temos direito ou en quitarlle o direito a participar a maioria que ten direito, ¿gustariache que votaran só os ricos?, ou só os homes, ou só os guapos. No quitarlle os direitos as personas é no que coincide o machismo, o racismo e o independentismo.

    12

    Por Amigos para siempre: E no Vaticano, nostrus a infalibilidade do papa fala tamén da Sagrada Constitución Española! As verdades sagradas son intocables e indiscutibles! Para defendelas os homes escribiron libros inspirados pola divinidade e criaron institucións a medida. Acontece que, os pequenos deuses rebotáronse, e desde 1812 que consagraron a Grande e Una Nación Española esta vaise desintegrando. E os que antes eran españoles agora son filipinos, argentinos, mexicanos, chilenos, venezolanos, cubanos... Até marroquinos (á forza, por ser vendidos por España). Iso doe e proe! Os teus "historiadores" non che contaron que os deuses apostan pola desfeita da xa Disminuida e Rota Nación Española. Que atrevemento o dos deuses menores, querer democracia sen tutelas! Excumulguen os independentistas, os historiadores contrarios a lei divina e a prensa que lles dá alas!

    13

    Por Enseñar al que no sabe: Nostrus, abre as orellas: "Uno de los mitos máximos de la historia española consiste en presentar a Castilla como forjadora de la unidad hispana frente a la tendencia ‘separatista’ de los demás pueblos peninsulares, cuando la verdad histórica es que Castilla surgió precisamente de un movimiento separatista que llegó a triunfar. (...) surge Castilla como una rebelión separatista dotada de enérgica voluntad hegemónica sobre el conjunto. Al pluralismo federativo simbolizado en el Imperio se contrapone el particularismo hegemónico del imperialismo castellano.” Non o escribiu un sospeitoso nacionalista galego, nin basco ou catalán. Estás lendo palabras dun recoñecido historiador contemporáneo da meseta, que desenvolve despois con argumentos obxectivos e rigorosos. Todos os imperios caen, é cuestión de tempo.

    14

    Por Amancio: Caro nostrus, hai varios erros no teu escrito. Saliéntochos para que veñas estudado na vindeira convocatoria: 1. ser español non se basa en ser boa persoa, 2. a túa idea de España "en cuanto a las personas" non se basa só no que fagan na súa vida privada, 3. a ti non che ten o mesmo o que fagan "las personas" na súa vida privada, 4. crer na unidade nacional nun conxunto político non implica ser ou non nacionalista. O resto son os tópicos de La Sexta e de Antena Tres sobre todo aquilo que non se pregue ao patrioteirismo roxigualdo. Que che vaia ben.

    15

    Por nostrus: Amancio ¿eres ton-to ou mentirosos? escolle ti a resposta. Eu non dixen que para ser español haxa que ser boa persona, podes ser español inda que sexas terrorista, pederasta, corrupto, naciota galego ou misioneiro, eso non cambia a tua condicion de español. Dixen que para ser bon español abonda con ter nacionalidade española ser boa persona, sin engadir nada mais ¿entendíchelo ou hai que masticarcho mais?.

    16

    Por Balbino Fernández: Palabra de Nostrus: "El nacionalismo español solo concibe una España con españoles cumpliendo unos parámetros diseñados por ellos como si las personas fuésemos autómatas y no pudiéramos hacer lo que nos de la gana. Los únicos que pretenden decidir como hemos de ser para ser españoles son los nacionalistas españoles qe tachan de antiespañol a todo aquel que no comula con sus ruedas de molino". Exacto o que ti dixeches, mudando o suxeito, cúmprese o razonamento? Que doado é destapar un demagogo falabarato! Que pouca calidade tivo o ensino e a formación en humanidades! Canto autoritarismo nos educados no réxime fascista e servindo en colonias! E covardía, ante o marroquino escóndense!

    17

    Por nostrus: Certo Balbino, o que vale para os naciotas galegos tamen vale para os naciosos españoles, por eso eu considérome con sorte non estar en ningún deles. Os españoles de corazón, a gusto con selo, pero non nacionalistas, apostamos pola unidade de España, pero "só" ata onde o conxunto do pobo queira. ¿Pillas a diferencia ou hai que esmagarcha un pouco para que a comprendas?. Os galegos "non" nacionalistas podemos quererlle a Galicia tanto coma vos, como minimo, pero somos mais respetuosos ca vos, apostamos pola identidade, a diversidade, e a realidade porque somos galegos a xornada completa e por non precisamos renegar de nada do que somos para sentir o que somos.

    18

    Por Balbino Fernández: Os feitos, estimado Nostrus, amosan que si estás nun bando moi concreto. Que non o saibas ou non o recoñezas en público non é o meu problema. Eu non vou repartindo carnets de bos españois ou galegos, TI SI. Cando dís "vos" fas un remexido intragable, vai ser que os NON nacionalistas que acreditamos na libre determinación dos povos, sen razas, libros sagrados nin identidades superiores ou destinos universais, non encaixamos na túa simple visión (e despois falas de realidade, será a túa percepción subxectiva!). O conxunto do povo decide: o español claro! O catalán non é coxunto ou povo? Caramba, esquecía o libro sagrado! Claro, se obedecesen a Constitución de turno ou votasen todos os españois en 1895 os cubanos seguirían estando amarrados. A democracia actual pode mellorarse, co paso do tempo as túas ideas son tan pobres como as dos que trataron de impedir a independencia de Cuba. Triste xeito --ou doenza-- de ser feliz ou de provocar con argumentos simplóns!

    19

    Por nostrus: No Balbino, yo no doy carnets de buen gallego ni de buen español, eso es precisamente lo que pretendeis los nacistas considerando mal gallego aquel que no practica la cultura gallega. La cultura se practica de modo voluntario, eso es lo que dicen al menos los DDHH. Yo simplemente digo que para ser buen gallego y buen español llega con ser buena persona; ¿acaso crees que se puede ser buen español siendo corrupto, pederasta o despreciando a tus compatriotas?. Si crees que tu eres un buen español, dímelo, sácame de dudas que tu lo sabes mejor que yo. Por otra parte parece infantil que digas que todos los pueblos son soberanos, ¿tiene soberania el pueblo de la mitad de la provincia de Lugo?, ¿tiene soberania el pueblo de O Salnés?, ¿tiene soberania el pueblo de una aldea?, ¿tiene soberania una cafeteria si todos los que hay en ella deciden fumar?. No seas ridiculo

    20

    Por nostrus: Balbino, si ti pretendes demostrame que os indepes catalans teñen direito a iinflinxir a Constitucion, tamen os protagonistas do golpe do 36 terian direito a inflixila, ¿ou non?,¿para que queremos logo a Constitucion?. O territorio español é unha finca de todos os españoles e para mover os marcos hai que consultar con todos os propietarios.

    21

    Por Balbino Fernández: Nostrus, que define unha nación en pleno século XXI: comunidade estable e feito diferencial, conciencia e determinación (podes lelo, se che interesa mellorar coñecementos, aquí mesmo: http://www.galiciaconfidencial.com/... ). Dito por un profesor de Filosofía do Dereito español. A nación española aparece no século XIX, pois alí crean a idea tomada de Franza e xorden os primeiros nacionalistas (españois, por suposto). Non hai historiador contemporáneo que diga o contrario (caeron os mitos dos Reis Católicos e os visigodos, como tampouco serven os suevos, o primeiro Estado europeo, na idea de nación contemporánea). Ante tal hexemonía castellana, no mesmo XIX, como reacción, temos os nacionalismos catalán, basco e galego.

    22

    Por Balbino Fernández: Falamos de cataláns, bascos e galegos nacionalistas. Comparar movementos asociativos seculares, con teoría diversa e plural, forzas políticas propias, institucións polas que loitaron (ningunha graciosamente concedida polos españolistas), e xeracións de centos de miles de votantes, con clientes dunha cafetería amosa que es un provocador malnacido! Por suposto que calquera parte do territorio ten o mesmo dereito: cando tomen conciencia diferencial e o soliciten! Fixérono? Non, nunca! Pois logo de que falas? Outra vez minusvalorando os que pensan diferente! Burlándote dos que, cando menos, teñen o mesmo dereito que os teus a reclamarse ou sentirse donos do seu destino! De novo a túa noxenta vea supremacista ou fascista! E ti non es nacionalista, arrea que ben o disimulas...

    23

    Por Balbino Fernández: Para non ser nacionalista español moito che preocupa a nación española. E moito combates as outras nacións periféricas. Como un talibán ou un cruzado que anda azuzando contra os de relixión contraria dicindo que é agnóstico ou ateo! Remato, insistindo, o perigo para xente coma ti, estimado Nostrus, somos os non nacionalistas de verdade e os soberanistas, os que xa non acreditamos nos contos nacionalistas para nenos que precisan un salvador contra o lobo feroz. Os que --estando igualados os nacionalistas de ambos bandos-- imos ser decisivos. Grazas aos Nostrus de turno imos tomando parte, e non vai ser polos que se burlan dos outros por pensar diferente.

    24

    Por nostrus: Veo que no te gustó que compare a los corruptos y pederastas con los sepa-ratas, pues los corruptos y pederastas tambien se presentan a las elecciones. ¿Que tiene en comun un machista catalan, un racista catalan y un indepe catalan?, los tres invaden los derechos de los demás y los menosprecian. Un machista catalan es un catalan que considera que las mujeres tienen menos derechos que los hombres, un racista catalan es un catalan que cree que hay razas que deben tener menos derechos que la suya y un separata catalan es un catalan que cree que los demas españoles tienen menos derechos que ellos y por ello le niegan el voto en un referendum de independencia. Si el territorio español es de todos, las delimitaciones de la finca compete a todos, ¿no pasa lo mismo con los propietarios de una finca?, ¿acaso no se emplea el mismo criterio en un monte comunal en que todos los comuneros deciden?¿pueden unos cuantos comuneros apropiarse unilateralmente de utrozo de monte?

    25

    Por O Freire: nostrus, estas seguro que non se dividen as fincas cando o pide UN dos herdeiros ou propietarios? non sabes que moitos montes comunais foron repartidos? froxeas moito, faltache escola e sobranche fumes! e ti falas de racismo e de machismo, xusto do que padeces! un fanfarron, es no fondo es cobarde: ante os marrocos escondeste!

    26

    Por Balbino Fernández: Nostrus, de novo as túas palabras: 'Un machista español es un español que considera que las mujeres tienen menos derechos que los hombres, un racista español es un español que cree que hay razas que deben tener menos derechos que la suya y un unionista español es un español que cree que los demas pueblos peninsulares tienen menos derechos que ellos y por ello le niegan el voto en un referendum de independencia". Discurso certo? Pois ti estás claramente reflexado! Remato, na Constitución de 1873 a Nación española (tit. 1, art. 1 e 2) está composta por Andalucia Alta e Baja, Aragón, Asturias, Baleares, (...) Cuba, Puerto Rico, Filipinas, Fernando Poo, Annobón, Corisco, e os establecimentos de África. A "nación" de calquera constitución é un papel que terma do que lle poñen, e uns están mollados e outros mexados.

    27

    Por Balbino Fernández: Seguimos, Constitución de 1812, na que se fundamenta a Nación española e por tanto o nacionalismo español (o que ti obsesivamente defendes), aparecen como territorio español (tit. 2, art. 10), que tamén comprende Nueva España, Nueva Galicia e Yucatan, Guatemala, Floridas, Puerto Rico, Nueva Granada, Venezuela, Perú, Chile e Río de la Plata. O paso do tempo non o resiste ningunha constitución. Podes asumilo, defender as túas ideas sen negar o dereito dos demais, que son igual de válidas e fundamentadas que as túas, ou pensar que deus ou o demo fixou para a eternidade os lindes da nación española. Agarda polos cataláns, vanche pedir permiso igual que fixeron os filipinos, os cubanos ou os venezolanos... Ou os de Burela aos de Cervo, a Illa aos de Vilanova...


    11

    nostrus

    No 36 houbo un levantamento que si non foi pacifico foi porque o goberno de aquel entonces lles plantou cara e intentou pararlle os pes, pero de haberse acolloado o fascismo poderia dicir que foi pacifico, algo asi como pretende o nacionalismo catalánico. O RNGa esta a favor dos supostos golpistas como non poderia ser doutro xeito como tamen no 36 houbo colectivos que apoiaron o golpe. O independentismo é como a suma de machismo e racismo, son supremacistas e pretenden quitarlle os direitos aos demais. Nas decision da finca chamada España participamos todos os propietarios, agás nas competencias que o conxunto do pobo delegou en partes do pobo.

    3 respostas
    1

    Por Balbino Fernández: Pobre Nostrus, nunca ouses escapar da finca na que contribúes! Mira un mapa do XIX, ou máis perto, dos anos oitenta...Arredemo! Cantos cambios! De estados, rexións, concellos, parroquias... Non será que ti tes un problema de comprensión? Non serás tu o machista, o racista, o supremacista? Non es quen nega dereitos aos demais para manter privilexios e ideoloxías resesas? Con humildade, faite mirar!

    2

    Por nostrus: O nacionalismo é a reencarnacion do mal, algo contra o que calquer cidadan decente debe loitar porque no seu egoismo só importan eles e para nada lle importan os sentimentos e direitos dos demais. Si por eles fora manteriannos atados a un narigón e teriamos que comulgar co seu credo sin deixar que pensaranmos por nos, sinon que teriamos que estar atados a cultura a un pasado inda porriba inexistente só para que eles disfruten nas suas pallas mentais. O nacinalismo altamente esmerado e purificado remata na violencia. nacionalismos NOONNNNN

    3

    Por Balbino Fernández: Non teño dúvidas: o forte nacionalismo é nefasto para a humanidade. Por iso eu non son nacionalista. E digo máis, o nacionalismo supremacista, como o exaltado españolismo que ti practicas Nostrus é a pior das ideoloxías. Se cadra gastas a túa vida defendendo unha causa noxenta, e crendo que es xusto. Houbo quen o fixo coa imposición dun deus, con un partido, cunha raza... Hai que ser moi miserable ou ignorante para perder a vida impoñendo aos demais o que nin un propio acredita. Hai causas máis nobres que che axudarán a ser máis feliz. Procura, se queres.


    10

    nostrus

    Vamos a ver, ninguna region de España tiene derecho a la autodeterminacion porque en la constitucion aprobada por el conjunto del pueblo español se dispuso que la soberania la tenia el conjunto del pueblo y no una parte del pueblo, eso para empezar. los separratas catalanes se comportan igual como los golpistas del 36 que bien podian alegar que todos los sublevados estaban de acuerdo en sublevarse y posiblemente eran mas numerosos los que se sublevaron en el 36 que los que quieren irse de España. De todos modos en España no se ata a nadie y si los indepes quieren irse pueden hacerlo y llevarse lo que es suyo, pero lo que no pueden es llevarse lo que pertenece a todos. Pueden comprar una plataforma petrolifera abandonada que se la dan a buen precio (ademas Pujol tiene pasta para bastante) o tambien podrian comprar la Modelo (ahora que la van desmantelar) y hacer alli sus aquelarres.

    3 respostas
    1

    Por Balbino Fernández: Vamos a ver, ninguna mujer de España tenía derecho al voto ni a voz, mucho menos a tener propriedades, porque en las constituciones aprobadas por el conjunto del pueblo español se dispuso que la soberania la tenia el varón macho y no una parte del pueblo como son las hembras, eso para empezar. los separratas catalanes se comportan igual como las mujeres y sus secuaces en los años previos al 36 que bien podian alegar que todos las hembras estaban de acuerdo en sublevarse y posiblemente eran mas numerosas... bla, bla, bla... De verdade non ollas o ridículo e limitado que és? Enxerga con outra mirada, a túa ideolóxica non che permite entender o que está acontecendo! E vouche dicir máis, Catalunya está perdida, as posesións do Norte de África polo reemprazo xeracional tamén, e non te atragantes con bascos e galegos, hai informes que sinalan que a praga independentista vaise estender xustamente polos países cataláns... Nada na história é eterno!

    2

    Por nostrus: Ti non sabes diferenciar cando as leis proveñen dun poder autoritario ou cando proveñen do pobo soberano a traves dos deus representantes. Si a lei non hai porque respetala...¿para que se quere a lei?. Si a Constitucion se quere trocar podese facer, pero deberá ser co consentimiento da maioria porque si non voltamos aos tempos do autoritarismo, pero claro a ti só che preocupa o autoritarismo si non é do teu agrado, porque si é do teu agrado non os demais que se f*dan. Calquer cambio que se faga nos marcos da finca ha de ser co consentimento da maioria.E xa que falas do voto das mulleres, que saibas que foi precisamente a esquerda quen mais atrancos poñia.

    3

    Por Balbino Fernández: Ti Nostrus es un falabarato! Logo as constitucións españolas anteriores non saen do povo soberano? Non eran igualmente democráticas? Non o eran as de USA que validaban o apartheid, a discriminación por raza e sexo ou a escravitude? Non será que a lei, a santa constitución, pode ser inxusta, asoballadora e discriminatória? Non será que a revisión de unhas décadas atrás xa non aguanta hoxe? Logo que dirán os teus netos das obsesións e desvelos teus! Deixa o ridículo nacionalismo españolista que tanto che absorve o siso! E non lle temas aos naciolistas periféricos, treme ante os soberanistas: grazas a xente coma ti Catalunya vaise de España! Os non nacionalistas non aturamos o nacionalismo supremacista españolista! Iso doe: os non nacionalistas decidimos! E os exaltados nacionalistas españolistas non nos dades medo nin razóns válidas, só consignas autoritárias e tutelas que xa non convencen. A chorar por Cuba ou por Filipinas!


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • Manifestación a favor da independencia en Cataluña.