Iglesias rende homenaxe a Beiras e abre a porta a unha nova moción de censura

O líder de Podemos atribúe ao nacionalista galego a paternidade da aposta por un Estado plurinacional. En Marea defende o dereito a decidir e o PSOE acepta a luba de Podemos de dialogar para botar ao PP.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/06/2017

O líder de Podemos aproveitou o seu discurso na moción de censura para render varios homenaxes a figuras da esquerda. Entre elas, Julio Anguita, quen fora líder de Esquerda Unida durante moitos anos, e Xosé Manuel Beiras, quen fora o líder do BNG e ANOVA.
 
Do nacionalista galego, Pablo Iglesias dixo que era unha figura irrepetible da que aprendera a necesidade de concibir o Estado como unha entidade plurinacional.  
 
RESULTADO DA VOTACIÓN
Modelo de Estado que Podemos agarda poder compartir co PSOE no Goberno. Hoxe no Congreso escenificouse a derrota da moción de censura (170 votos en contra, 82 a favor e 97 abstencións), pero tamén un tímido achegamento entre os de Pablo Iglesias e os de Pedro Sánchez. Así, os socialistas, como anunciaran, non votaron encontra, senón que se abstiveron.
 
Iglesias ofreceu abertamente ao PSOE liderar un futuro “pacto para botar ao PP do Goberno”. Así, emprazou aos socialistas a comezar a dialogar xa para montaren xuntos outra moción de censura, ante a “urxencia” para expulsar do Executivo ao “partido máis corrupto de Europa”. 
 
POSTURA DO POSE
Dende as bancadas socialistas o cambio de ton do líder de Podemos foi ben recibido, con matices. O portavoz socialista, José Luis Ábalos, recolleu o guante: “agradezo o ton e recollo a invitación, pero a moción de censura non vai prosperar”, dixo. 
 
Os socialistas non se comprometeron a negociar unha moción de censura pero deixaron a porta aberta, lembrándolle iso si a Podemos que necesitan máis socios para configurar unha maioría.
 
"Os socialistas somos os primeiros en valorar a necesidade de censurar a este Goberno censurable. E somos os primeiros dispostos a construír maiorías alternativas nesta Cámara, para desmontar a políticas inxustas do PP e para sacar adiante as reformas xustas que reclama a sociedade española. Aí atoparémonos sempre", declarou o seu voceiro.
 
Os parlamentarios galegos de En Marea votaron a prol da censura. Na súa intervención, o voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, recriminou este mércores no debate da Moción de Censura o suposto abandono de Galicia por parte do Goberno de Mariano Rajoy.
 
INTERVENCIÓN DE EN MAREA
 
“Desde En Marea imos censuralo! Pola súa corrupción, pero tamén polas súas políticas, especialmente en Galicia, onde reduciron o investimento máis dun 30% nos últimos orzamentos”, denunciou Gómez- Reino.
 
O voceiro de En Marea preguntou ao Goberno de Rajoy cal era o seu plan para Galicia. O voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, recriminou este mércores no debate da Moción de Censura a corrupción e o abandono de Galicia por parte do Goberno de Mariano Rajoy.
 
“Desde En Marea imos censuralo! Pola súa corrupción, pero tamén polas súas políticas, especialmente en Galicia, onde reduciron o investimento máis dun 30% nos últimos orzamentos”, dixo Gómez- Reino.
 
Sobre o debate de modelo de Estado, o voceiro de En Marea indicou que “Galicia é un suxeito de Cambio. Nós aportamos solucións ao reto plurinacional apostando polo diálogo, a fraternidade e o dereito a decidir”. Velaquí a súa intervención íntegra:
 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

35 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 17

    Asesores de AGE

    Se lle rende homenaxe é para que non dea esas entrevistas amables onde non se confunde de inimigo. Moi ben Tone Balnearios dos Alpes ponme unos percebiños gayego

    1 resposta
    1

    Por Parada do Sil: Tedes un problema grande, enorme, no BNG: Vence hoxe pón o dedo na chaga, en Monforte hoxe tamén abandonan en masa... Así que o fume cos mareados non esconde a desfeita bloqueira. O BNG xa foi! Non choredes polo pasado. Reveládevos ante a cúpula (asentada nas alturas e servil do PSOE), e comecemos a facer país desde a base, por abaixo é por onde se inician as obras sólidas!


    16

    gdvF

    Os mareados non teñen argumentos para rebater e defender as suas desfeitas e só escriben o mantra diario contra do BNG(que si Psoe, que si Poltrona,que si trolls,... ). Dadevos conta de que chamades trolls a todos os que non pensan coma vós. Argumentade e defendede sen nombrar o BNG, tanto decides que está morto e ata me parece enfermizo e preocupante o coñecemento que tedes da organización nás últimas décadas, nin a policia ten tal coñecemento.

    4 respostas
    1

    Por O que queda do BnG: Pero vós, almas cándidas, aínda pensades que o BnG lle importa a alguén? Pasáchedes de 400 mil votos a 40 mil en 15 anos. Deixade de dar a murga que aburrides a cristo. E fóra da vosa burbulla de troleadas e sermóns, non sodes NADA.

    2

    Por ghFN: Ahhhhh é verdade esqueciame iso tamén que repetides tanto, que se pasou de 400.000 a 40.000 votos grazas por recordalo por enésima vez, non te esquezas que despois volveu subir a 120.000 votos e seguirá subindo e o raro e que non lembrases o do pufo que deixaron coa banca os mareados que abandonaron o barco. É algo raro a preocupación que tedes os españolistas e os da dereita polo que denominadas "NADA"

    3

    Por comunista independentista : O Bloque subíu de 40 mil a 120 mil votos? Cando sucedeu iso? Ah! É certo que vos autoenganades comparando unhas eleccións con outras distintas. Coitadiños...

    4

    Por comunista dependentista: Pois para non preocuparte moito falas del. O resultado das eleccións é eterno e inmutable En Marea Podemos nunca vai perder mais votos dos que perdeu as súas asesorías durarán xa veredes que o di Santi


    15

    lemés

    Amigos do Bloque, pasade das mareas, o problema está dentro! O BNG segue rompendo, a desfeita é imparable, desde arriba mandan obedecer a liña que marca o PsoE, as bases non queren suicidarse. Ana Pontón vai ser a xenerala que acabará queimando as naves. En Monforte onte tiñamos alcalde e goberno (un pouco light, co permiso dos de arriba, pero aguantou tres lexislaturas), agora somos marxinais, estamos perdidos, mándannos obedecer o que ordena o PsoE, con ameazas se protestamos. Facer do BNG os domésticos do PsoE, grande estratega a Ana Pontón! Pois en Monforte vai ser que non: http://www.lavozdegalicia.es/notici...

    3 respostas
    1

    Por nostrus: En Monforte nin vos mesmos credes que chegarades a tanto. Coñezo ben Monforte que pasei ali varios anos e Monforte non é un pobo nada nacionalista, non é renegado e falades moitisimo español. Ao mellor Severino non foi mal alcalde e por eso a xente o votou, pero non vos fagades ilusions; agora as augas voltaron a seu cauce. Alcanzar a alcaldia de Monforte supúxovos un subidón despois de habelo intentado o churrero. Precisamos partidos que lle solucionen os problemas a xente e para nada se precisa renegar de nada.

    2

    Por Ola loquito: Te tomastes la pastillita

    3

    Por Olá taparrabos : Taparrabos loquito del BNG, estades acabando co BNG: catro de cinco concelleiros en Monforte acaban de abandonar: http://www.lavozdegalicia.es/notici... Toma pastillita! Longa vida a Ana Pontón, até a extinción!


    14

    O que queda do Bng

    Titular con Beiras + Iglesias: Trols liberados do Bng tocando a rebato.

    4 respostas
    1

    Por LKI: Os trolls a soldo do BeNeGá son coma os cans de présa, están adestrados para ladrar ante determinados estímulos: Beiras, Iglesias, Anova, Marea, Lidia, Podemos, Martiño...

    2

    Por Mame Kollontai: E produto do máxico efecto espello do brillo de Toné, O Gran Ex Xefe Rexional e Pablo sempre atopamos neste mundo freaky de comentaristas desta web aos replicantes supostamente mareantes de podemos/xa fun a Marín xa pasei o mar xa me marei e me podo marear. Haspirantes a futuros carguiños ou asesoriños do goberno de Pedro en coalición con vós (se vos precisa)... Recoñécense pola súa haltura hintelectual. Os seus argumentos máis habituais son: bloque demonicaco, conspiración dos últimos catro gatos do bloque; y tú más; caca-culo-pedo-pis... En fin, ninistas de verdade ou imitadores.... Tampouco é que sexa tan difícil facerse pasar por un deles, especialmente se pos un gorriño de aluminio e te dedicas a facer comentarios acientíficos. O triste é pensar nos que vos votan, porque sodes a seudoprogresía máis patética que medrou en Europa despois da II Guerra Mundial...

    3

    Por Failde: Kollona, trátate do teu, que de seguir así coas obsesións, paranoias e alerxias fronte as Mareas de Podemos vas sofrer moito. Mafalda usaba Nervocalm, ti precisas algo máis forte! Cada vez que aparece o galego, alí está a repetición incansable do Nostrus para enlamar. Se a noticia toca a Podemos, mareados ou exbenegás, non falta a Kollona iluminada a morder até repetirse e replicarse en seudónimos para emporcar os comentarios. Moito dano che fixeron as Mareas de Podemos: na barriga (polo sustento) e na cabeza (pola diarrea mental). Procura axuda, e xa sabes, se vas con Nostrus igual vos fan desconto, e polo menos dádesvos consolo e conversa, ambos estades tan necesitados de compañía...

    4

    Por nostrus: Trabúcaste Failde, eu non enlamo contra o galego porque é a lingua que mais falo habitualmente, nin enlamo contra vos porque xa estades enlamados dabondo, sinxelamente aposto pola liberdade na sua máxima expresion posible e ataco a aqueles que acuñades etiquetas e roles as personas sin ser quenes a facelo nin ser quenes a entrometeros na vida dos demais. En canto a homenaxear a Beiras paréceme un acto de mal gusto, agás si os que o homenaxean son da mesma calaña ca él e enton si que os comprendo.


    13

    Gómez fenómeno

    Pero que dí Gómez Reino de dereito a decidir???? Se a única traba o referéndum catalán é Podemos. Tanto PP coma Ciudadanos teñen apoios mínimos, os únicos con un amplo apoio que negan o referéndum en Catalunya son eles, mentiron en campaña electoral porque cando chega o momento de mollarse din que ten que estar pactado có estado do cal levan 40 anos agardando


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • Pablo Igleisias e Xosé Manuel Beiras en Compostela / eldiario.es

    Antón Gómez Reino no Congreso