Dous puntos menos na escola por usar Galiza

O ex-presidente da Mesa, Carlos Callón, critica á directora dun centro por restar nota a unha alumna que utilizou a forma “Galiza”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/06/2017

“Dun punto de vista lingüístico, considerar erróneo "Galiza" non se sustenta. A propia Real Academia Galega, que é a que ten nestes momentos a potestade para estabelecer a norma oficial do noso idioma, considéraa unha "forma lexitimamente galega". Así mesmo, moitas e moitos lingüistas constatamos a través dos nosos estudos que, se non for por razóns de presión política, ninguén dubidaría que a única forma válida e xenuína para designar o noso país en galego é esa. Mais, como vostede moi ben coñece, se non for tamén por razóns de presión política, o noso idioma tería unha situación máis saudábel que a que ten, por exemplo no ensino”. Esta é a misiva que o ex presidente da Mesa, Carlos Callón lle remitiu á directora do CEIP Santa Irene, de Porto do Son. Pódese ler íntegramente na sección GC Aberto.
 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

24 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 9

    brandomil

    Aclaro. Existen as persoas bilingües, pero non os pobos bilingües. As primeiras son aquelas que teñen competencia en dúas linguas. O bilingüísmo non é máis ca un invento dos imperios para impoñer a súa lingua. A proba está en que todos os galegofalantes, queiramos ou non, somos todos nós bilingües. Os castelanfalantes o son, como ben se pode ver aquí, se lles dá a gana. Entón, onde está o bilingüísmo do que se fala? O que si existe é un proceso de sustitución da lingua propia por outra que nos é imposta.


    8

    Nexus 6

    Si llego a ser yo el profesor, la suspendía y la enviaba a un campo de reeducación en Siberia. Como ésta era una práctica comunista, supongo que ni el bnjé ni los mareados protestarían, ya que al ser ellos comunistas, lo ven como algo consustancial a su propia naturaleza tolerante.


    7

    y3RX

    "Galiza" ainda pode pasar, pero o "responsavel", "após", "crianza"... e todalas palabras portuguesas que aceptou a RAG por presións do bng, teñen que ser retiradas e penalizadas.


    6

    Blasa

    E por que Galicia Confidencial e non GALIZA Confidencial? Estades abafados polo espanholismo!!!. 2 puntos menos.


    5

    Lolito220

    Onde está que se lle baixaran DOUS puntos?, quen o sabe?, quen o dixo?. Non será que nos inventamos este número porque, se non, ao mellor non hai queima? E, de ser así, non é mellor dicir que mandaron a nena a setembro, diretamente?. No blog de Callón ( http://www.carloscallon.com/) está a carta da directora aos pais (non sei se autorizou a súa difusión) e a resposta daquel. Non vexo o dos dous puntos por ningures. Señores de GC, ¡BENVINDOS Á POSVERDADE!

    3 respostas
    1

    Por Balbino Fernández: Se autorizou a difusión, quen? Os pais, como parte implicada, poden difundir (e, polo visto, fixérono). A directora, Lourdes San José Manso, debería suspender (non sabe redactar, deixa espazos antes das comas, pouco pode transmitir quen non sabe), e dimitir (os seus argumentos non prohiben o emprego de Galiza, son recomendacións non obrigas, polo tanto a comprensión tampouco é o seu forte). En fin, pobres dos que aturen mestres prepotentes e con prexuizos ideolóxicos, discriminar por esta razón si é delito!

    2

    Por lolito220: Home, so faltaría que os argumentos dunha persoa, sexa ou non directora, prohiban o emprego dunha expresión, sexa GALIZA ou ORENSE. O que di a normativa é que o nome OFICIAL da Comunidade é GALICIA. Pero, ao gran, onde está que se lle baixaran DOUS puntos?, quen o sabe?, quen o dixo? Balbino, benvindo á posverdade

    3

    Por lolito220: Parece que, días despois, os míticos 2 puntos eran unha invención dalgún troll (de troleiro) e o que se baixou foi 0,01 puntos (unha centésima). http://www.lavozdegalicia.es/notici... A ver se agora algún internauta bocachancla corrixe as súas condenas e comentarios (vai ser que non)


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Mapa de Galiza de Nós-UP