Neste instituto público “se queres aprender estatística, tes que cursar relixión”

A Lei establece que todos os centros públicos deben ofrecer a posibilidade de cursar relixión católica, pero só como materia optativa. Malia isto, un grupo de pais do Instituto de Ensinanza Secundaria de Ames denuncia que os horarios dispoñibles no centro “obrigan na escolla dalgunhas materias a coller relixión católica”.

Por M.V. | Bertamiráns | 12/06/2017

Como exemplo explican que o alumno que “queira escoller en segundo de bacharelato métodos estatísticos deberá coller relixión”. Unha problemática que, segundo pais consultados poresta redacción, prodúcese noutros centros públicos do país.
 
Como é posible que na práctica o catolicismo sexa obrigatorio nalgúns centros públicos? Dende a Consellería de Educación, preguntados por este caso, negan a maior.
 
RESPOSTA DA XUNTA
 
“Os centros teñen que ofrecer a materia de relixión, pero non se lles pode obrigar a que a elixan. En ningún caso se pode forzar aos alumnos a que escollan relixión nin se pode impedir que a escollan”, argumentan dende a Xunta.
 
A Administración lembra que “os centros teñen autonomía para deseñar os itinerarios que consideren máis axeitados dentro do seu proxecto educativo con materias de 4, 3, 2 e 1 hora, e con iso deben xogar”. Unha das materias de 1 hora a ofertar debe ser obrigatoriamente relixión católica. 
 
MENOS PROFESORES
 
O núcleo do problema en centros como o de Ames parece estar en que o recorte de profesores obrigou a reducir o número de horarios e de optativas dispoñibles. A consecuencia é que para algúns alumnos se queren coller determinadas asignaturas non lle queda outra que completar as horas obrigatorias con relixión.
 
“ No caso de primeiro de Bacharelato, ao obrigar ao alumnado a cursar necesariamente unha materia de catro horas se elimina calquera posibilidade de cursar unha materia de libre configuración do centro ou de configuración autónomica,  se non é acompañada da materia de relixión”, explica unha das nais afectadas por esta problemática.
 
Esta nai insiste en que nese centro hai “imposibilidade de cursar materias de configuración autonómica, como é o caso de Métodos estatísticos e numéricos, se non están acompañadas da materia de Relixión”.
 
Dende a Consellería de Educación, tras admitir que “non dispoñemos dos datos pormenorizados das materias optativas concretas do IES de Ames”,  argumentan que “cada alumno vai completando o seu itinerario en función das súas preferencias, intereses, ….E non se lle obriga a escoller relixión como tampouco se lle obriga a coller métodos estatísticos , cada un o deseña según lle conveña”.
 
En definitiva, malia que a Xunta pode estar cumprindo coas normas,  o certo é que hai alumnos que se queren estudar estatística en Bacharelato, tócalles apandar con relixión.
 
ASEMBLEA DE PAIS
 
Este é un dos motivos polo que os pais deste centro convocan unha asemblea o próximo luns as 20:30 no Pazo da Peregrina. Están preocupados tamén por outras cuestións como “a redución drástica de proxectos integrados de centro que fomentaban a excelencia, a mellora educativa e a convivencia escolar”, a falta de aulas e a “masificación do centro” que din está a provocar un “deterioro notable”. 
 
Malia aconfesionalidade teórica do Estado, a Lei obriga a administración educativa a ofrecer relixión católica en todos os centros públicos. No caso das outras relixións, so ten a obriga no caso de que haxa determinado número de alumnos que así o soliciten.
 
 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

10 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 7

    Eva Brañas

    Boa tarde A raíz do que están informando sobre o IES de Ames(obrigatoriedade da relixión con determinadas materias),infórmolles que no de Noia,e en calquera centro de Galicia,se se colle Tecnoloxía Industrial(3h) e Robótica(2h),combinación lóxica dos alumnos que desexan estudar inxeniería,teñen que coller obrigados relixión católica.Xa pasou o curso anterior(a maioría renunciaron a recibir robótica),e vai voltar a pasar este.Como xefa de departamento de Tecnoloxía,é probable que deixemos de ofertar robótica por esta causa,co detrimento da calidade do ensino. Eva María Brañas Rodríguez Departamento de Tecnoloxía do IES Campo de San Alberto Noia


    6

    a mamarla a parla

    Isto está así porque os inútiles da esquerdalla españolenta da podremos consinten en ter ao PP no goberno da spam-ña


    5

    Javier Varela Carro

    NO IES Plurilingüe Eusebio da Garda da Coruña paso o mesmo. Unha vergoña a relixión conta para a nota media e as outras de contido docente non.

    1 resposta
    1

    Por JLD: Non é certo que conte para a media oficialmente


    4

    Sesees

    Un pouco de historia non lle ven mal a ninguen, que a rapazada non sabe de donde veñen as cousas e logo aparecen por ahí os revisionistas cambiandoa para seus intereses


    3

    Efixio

    Non entendo o que significa "estadística". Prego tradúzanmo.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Fachada do IES de Ames en Bertamirans