A D.O. Valdeorras busca cartel para a XX Feira do Viño

O concurso está aberto todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non profesionais, e o premio en metálico para o gañador serán 600 €.

Por GC Tendencias | Vilamartín de Valdeorras | 25/05/2017

A Feira do Viño de Valdeorras acada neste ano 2017 a súa vixésima edición. Para promover o evento cómpre contar cun cartel ilustrativo orixinal, motivo polo cal o Consello Regulador decidiu convocar un concurso aberto a todos os interesados en participar. O cartel debe por en valor de xeito gráfico o “saber facer único” do sector vitivinícola desta comarca ourensá, que leva séculos elaborando tintos e brancos dunha altísima calidade.

A participación está aberta a todas aquelas persoas que desexen tomar parte na iniciativa, procedan ou non do ámbito artístico. A única condición indispensable é a de que o material presentado sexa inédito. Cada participante poderá presentar un máximo de tres propostas distintas, nun tamaño orixinal de 43 x 63 centímetros en posición vertical.

Os carteis han presentarse en soporte informático en arquivo .jpg ou .png e en alta resolución (mínimo 300ppp). A proposta enviarase por email á seguinte dirección de correo electrónico: secretaria@dovaldeorras.com ou por correo postal ao seguinte enderezo:

Secretaría do C.R.D.O Valdeorras

Estrada Nacional 120 Km. 463

32.340-Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

Indicarase o nome e apelidos, dirección e número de teléfono do autor. A data límite de recepción finaliza o día 9 de xuño de 2017 ás 15:00 horas.

Nas propostas poderá empregarse calquera técnica artística: pictórica, informática, fotográfica, etc. Os carteis deseñados en ordenador deberán ter unha resolución de 300 ppp, a un tamaño real de 43 x 63 cm. No caso de resultar gañadores, os autores que optaron por realizar a súa obra mediante sistemas informáticos, deberán achegar o  correspondente soporte dixital en formato vectorial para incluír os logotipos das entidades organizadoras.

Concederase un único premio de 600 euros. O xurado estará composto por persoas relacionadas co eido do deseño gráfico, a comunicación e a arte, así como polo Presidente do Consello Regulador ou a persoa na que este delegue. O fallo do concurso farase público na semana do 12 ao 16 de xuño de 2017 e o veredicto do xurado será inapelable.

As bases ao detalle poden consultarse na páxina do Consello Regulador.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Feira Viño Valdeorras. Fonte: Consello Regulador DO Valdeorras