Os mellores petiscos de Monforte danse cita no Cume Tapas

Esta cita gastronómica de referencia na cidade do Cabe chega este ano á novena edición coa participación de 25 establecementos.

Por GC Tendencias | Monforte de Lemos | 22/05/2017

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (APEHL), organizadora do Cume Tapas, elixiu este ano á actriz lucense Beatriz Serén para amadriñar o certame, que comezou o día 20 e rematará o vindeiro 4 de xuño.

Na presentación que conduciu a xornalista de Onda Cero Monforte, Manola Porto, ademais da madriña estiveron o alcalde de Monforte, José Tomé Roca; o xefe territorial de Presidencia da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Rozas; o responsable da Área de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal, o presidente da APEHL, Cheché Real.

Beatriz Serén, coñecida entre outros traballos polo seu papel en Pazo de Familia da TVG, comprometeuse a facer unha escapada a Monforte para participar no concurso e coñecer mellor a Ribeira Sacra.

A tapa gañadora será elixida cos votos do público e un xurado profesional outorgará distincións ás mellores propostas nas categorías de tapa tradicional, tapa creativa e mellor maridaxe con viño da DO Ribeira Sacra. O devandito xurado está formado por catro expertos culinarios coordinados polo director técnico do concurso, Quique Rodríguez, e valorarán principalmente a presentación, a técnica, o sabor, o maridaxe co viño de DO Ribeira Sacra e, por suposto, o servizo e a atención ao cliente.

Como noutras edicións anteriores, varios establecementos hoteleiros de Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober ofrecerán tarifas especiais durante os días do concurso.

Entre o público participante sortearanse varios premios, entre eles unha viaxe a Milán e outra a Monçao.

Paralelamente á competición gastronómica, poñerase en marcha un concurso fotográfico a través da páxina do Cume Tapas en Facebook. As bases estarán publicadas na propia páxina e haberá premios para a mellor fotografía e o mellor álbum de fotos tomadas e publicadas nesta rede social durante o concurso.

Como novidade deste ano habilitouse unha aplicación móvil na plataforma web www.quedamosdetapas.com para poder facer un seguimento do concurso, consultar todas as tapas, os horarios e as direccións de cada local participante. A través dos códigos QR dos folletos pódese acceder a ela e descargala.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Beatriz Serén e autoridades na presentación do IX Cume Tapas

Presentación do IX Cume Tapas no Centro do Viño da Ribeira SAcra

Cartel do IX Cume Tapas