Monforte acollerá os días 14, 15 e 16 de xullo o Festival do Viño da Ribeira Sacra

A previsión é que neste evento se dean cita ó redor dunha trintena de adegas.

Por GC Tendencias | Monforte | 09/05/2017

O Concello de Monforte e o Consello Regulador están organizando unha Mostra-Festival do Viño da Ribeira Sacra, que se vai celebrar na cidade do Cabe os días 14, 15 e 16 de xullo e que terá como escenario o Paseo do Malecón. O Alcalde destacou que “o evento será o colofón de todas as feiras que se realizan nos diferentes concellos da Denominación de Orixe”. José Tomé apuntou tamén que "a Mostra debe ir enfocada máis cara a promoción que cara a venda, aínda que iso non significa que non se poida vender”.

Foi o propio mandatario local quen lle propuxo ó Presidente do Consello Regulador e a outros adegueiros a súa vontade de celebrar na cidade do Cabe un evento relacionado co viño. "Considero que Monforte non pode nin debe estar á marxe do mundo do viño da Ribeira Sacra con todo o que isto representa, nin tampouco a Denominación de Orixe pode desenvolverse plenamente sen contar coa nosa cidade”, dixo tal e como recolle un comunicado do concello.

Por outra parte, o Alcalde sinalou que “para poñer a andar a Mostra do Viño da Ribeira Sacra en Monforte, pensamos que sería un bo momento iniciar a andadura do evento coincidindo coa celebración do 25 aniversario da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra”. A previsión é que neste evento se dean cita ó redor dunha trintena de adegas.

Paralelamente á celebración da Mostra do Viño haberá outras actividades, entre elas, eventos gastronómicos, exposicións, conferencias, espectáculos e concursos. Por iso, o rexedor monfortino considera que “o evento será un reclamo para atraer turistas a Monforte e ó conxunto da Ribeira Sacra, algo que repercutirá de xeito moi positivo na economía da comarca; particularmente, no mundo do viño, da hostalería e do comercio”.

Continuidade no tempo

Durante a presentación da Mostra, José Tomé apuntou tamén que “a nosa pretensión é que o evento teña continuidade e mesmo que poida adaptarse a novas fórmulas de promoción, porque entendemos que este é un traballo permanente, de longo percorrido e que non remata nunca”.

O mandatario local destacou que Monforte, como capital da Ribeira Sacra e sede do Consello Regulador, debe ter eventos que o relacionen co viño “dun xeito claro e permanente para contribuír á difusión e promoción que levamos facendo entre todos nos últimos 25 anos”.

Para a celebración da Mostra do Viño, o Concello contará coa colaboración económica das Deputacións de Lugo e Ourense e do propio sector do viño. Para iso, a administración municipal ten previsto asinar un convenio de colaboración coa Denominación de Orixe. A previsión é que a celebración deste evento teña un custe de, aproximadamente, 50.000 euros.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Vista da Ribeira Sacra