Davide Salvado, na XIII Foliada de Melide

A vila da Ulloa será a capital da música tradicional os días 28, 29 e 30 de abril.

Por GC Tendencias | Melide | 22/04/2017

Como cada ano, a Asociación Cultural e Musical o Castelo presenta unha ampla programación de actividades centradas na tradición que se consolida como un dos referentes neste tipo de eventos a nivel de Galicia.

Do venres ao domingo próximos, Melide respirará música do país con interesantes citas como o 9º Concurso de Cantos de Taberna do sábado que contará con 20 formacións participantes que percorrerán os bares da vila pola mañá ou os concertos programados para este mesmo día con Pelepau e Maskarpone ou os de domingo a cargo de Davide Salvado e Blues do País e O Sindicato da Verbena.

De gran atractivo resultan tamén a “Marcha Gaiteira” do sábado que fai un percorrido pola vila e anticipa o Serán da tardiña con numerosas formacións, incluso de fóra de Galicia, e a mostra de artesanía e instrumentos que haberá na Praza do Convento.

E por se todo o anterior fose pouco, animación de rúa, obradoiros de baile, xogos populares e actuacións infantís.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Davide Salvado, Womex

Imaxe da Foliada 2017

Cantos de Taberna / Fonte: www.foliadamelide.com