Minería aurífera, un atractivo máis para a Ribeira Sacra

Diferentes alternativas ofrecidas polo Consorcio Turístico axudan a que a afluencia de turistas aumente cada ano.

Por GC Tendencias | Monforte de Lemos | 15/04/2017

Cada ano por esta época o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra organiza paquetes turísticos para ofrecer actividades paralelas e completar o tempo de ocio dos turistas que visitan esta fermosa zona que abarca parte das provincias de Lugo e Ourense. Este ano repiten a experiencia de anos anteriores as visitas guiadas no “viñobus” para coñecer algunhas bodegas e lugares de interese como o Centro do Viño de Monforte, o Ecomuseo de Arxeriz ou o castelo de Castro Caldelas e acompañamento tamén con guías turísticos para coñecer os abondosos testemuños do románico que agochan estas terras.

A todo o anterior engadir as rutas en catamarán que se inauguraron hai unhas semanas e que cada ano van en aumento dado o atractiva que resulta a viaxe percorrendo os canóns do Sil e do Miño ao tempo que se coñecen historias, anécdotas e información de interese sobre a viticultura heroica na ribeira.

Pero este ano engádese un atractivo novo para os turistas, percorridos guiados para coñecer os xacementos mineiros da época romana nos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e A Pobra do Brollón. Levaranse a cabo os días 14 e 15 deste mes. O plan da actividade é partir de Monforte acompañados do arqueólogo Iván Álvarez nun microbús para coñecer o día 14 as minas de Margaride, Quiroga, Montefurado e A Pobra do Brollón e o día 15 repetir coas de Margaride e Montefurado e a maiores visitar os miradoiros de Pena do Ladeiro e A Cubela onde hai un espectacular meandro. Se o tempo o permite incluso se contempla a posibilidade de facer unha demostración de bateo de ouro.

A todo o anterior engadir tamén unha ampla oferta de rutas de sendeirismo e a coincidencia de celebracións en concellos da contorna como a Feira de Artesanía e Produtos Locais o venres 14 en Castro Caldelas, a XXXV Feira do Viño de Quiroga e a XV Feira Medieval de Monforte de Lemos os días 15 e 16.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A Cubela Meandro A Cubela. Foto: Xosé Manuel Meandro A Cubela. Foto: Xosé Manuel

Montefurado. Foto: Xosé Manuel