Quiroga exalta o seu viño artesán

Oito colleiteiros presentan os seus caldos na XXXV Feira do Viño desta localidade do sur de Lugo.

Por GC Tendencias | Quiroga | 12/04/2017

Este certame, a diferenza de outros que se celebran na Ribeira Sacra, está centrado no viño artesán elaborado en cantidades pequenas por quirogueses que comercializan excedente das súas colleitas. O alcalde, Julio Álvarez, destaca que o feito de non ter presentes adegas nin selos vitícolas non é un atranco pois entende que dar acollida ao viño caseiro é un motivo diferencial.

Dende o día 6 e ata o 14 estase a celebrar tamén o Concurso de Tapas entre diferentes establecementos hostaleiros da vila, dándose este ano un récord de participantes cun total de 17. Entre os clientes que cubran un cartón ou tarxeta farase un sorteo no que optan a distintos premios: 300 euros en metálico, estancias en aloxamentos da Ribeira Sacra, ceas para parellas e cestas de produtos da comarca.

O venres 14 terá lugar a XIII Carreira popular “Feira do Viño” que cada día conta con máis seguimento e na que tamén se teñen en conta aos máis pequenos que fan un percorrido simbólico antes dos maiores.

O sábado ás 11.45 h. inaugurará o recinto feiral Xosé Lois Foxo, Director e fundador da Escola de Gaitas e da Real Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense  e a continuación terá lugar o “Encontro Infantil do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas”. Pola a tarde amenizarán o recinto feiral a Banda de Gaitas San Martiño e o grupo tradicional Os Palletas e sobre a partir das 18.00 h. está prevista a recepción de autoridades no Museo Etnográfico e unha gala no Auditorio Municipal coa presenza da Coral Polifónica de Quiroga, a Banda de gaitas San Martiño e os grupos de danza “San Martiño” e “Arume da Queiruga”. No mesmo acto farase entrega dos premios do XIII Certame “Cartas de Amor Vila de Quiroga”.

E para a noite, o sempre controvertido pregón. Un tema recorrente cada ano en Quiroga dado que o criterio para escoller pregoeiro. Como di o alcalde Julio Álvarez, non se busca que sexa alguén con notoriedade intelectual, catedrático… nin que necesariamente teña relación con Quiroga, simplemente búscase alguén que dea promoción, atraía e anime  á numerosa xuventude que se achega nestas datas. Este ano esperábase que puidese ser Mónica Fernández, sumiller da zona afincada en Madrid que acadou o recoñecemento de mellor sumiller do mundo semanas atrás, pero non foi así. A pregoeira será a actriz Eva Isanta Foncuberta (Maite Figueroa, “La Cuqui” da serie de Telecinco “La que se avecina”). Dende a redacción contactamos coa propia Mónica Fernández e díxonos que a chamara o alcalde pero que renunciou a ir por motivos laborais.

O xornalista Xosé Manuel Orriols fará a presentación previa ao pregón e despois farase entrega dos cada día máis popular “Concurso de Camisetas” con motivos humorísticos e retranqueiros arredor do viño.

Para o domingo alborada e animación no recinto feiral a cargo do grupo tradicional local “Os do Recanto”, recepción de autoridades no Concello e entrega de trofeos aos colleiteiros participantes na mostra. Pola tarde amenizará a charanga Europa.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Xesc

Viva Quiroga, digo Beba Quiroga!


Certame Celtibérico

Recinto Feiral. Ano 2016.