Lugo, a cidade dos descubrimentos

É a miña cidade, a que máis coñezo de todo o mundo… pero aínda así Lugo é para min a cidade dos descubrimentos. Unha cidade pola que nunca me canso de camiñar, buscar e investigar.

Por Homo ambulans - Guido Álvarez | Lugo | 06/04/2017

Castrillón de Adai, unha misteriosa estrutura na contorna de Lugo (Foto: Guido Álvarez Parga)

Non son historiador, pero teño entendido que as primeiras probas de presenza humana en Galicia remóntanse uns 300.000 anos no tempo… será algo similar por terras lucenses? En todo caso sabemos, polos castros e outras evidencias, que polo menos hai uns cantos miles de anos, persoas como nós xa vivían por aquí… non é iso xa algo impresionante de imaxinar? Pois ademais diso está “o dos romanos” e a fundación da cidade hai máis de dous milenios! Hai máis de dous mil anos (25 a.C.) que Lugo é unha urbe, a primeira urbe non só de Galicia, senón de todo o noroeste ibérico: Braga e Astorga fundáronse uns 10 anos despois.

Monumento aos fundadores de Lugo: Augusto e Paulo Fabio Máximo (Foto: Guido Álvarez Parga)

Por todos eses séculos de historia camiñamos -ás veces sen darnos conta- cada día os lucenses, e por suposto todos os visitantes da cidade!

Eu que levo tempo facendo visitas guiadas e amosando Lugo podo dicir que as caras, as emocións e o asombro dos visitantes é a maior parte das veces formidable. Ó mínimo interese que teñan pola historia e as historias dos que nos antecederon neste mundo… a cidade amurallada é unha xoia para imaxinar e voar.

Regueiro das Hortas, Vía Romana XIX, Camiño Primitivo a Santiago (Foto: Guido Álvarez Parga)

Hai tan pouco tempo que Lugo descubriu as súas marabillas, que é tamén fácil sorprender ós propios lucenses. Que dirán algúns si lles falo do Regueiro dás Hortas? Diranme que nunca foron por aí… e eu direilles ¡pois é un camiño con máis de dous mil anos de historia! ¡E está nun barrio sen reloxo! ¡A 200 metros da Catedral! Guau! ¿Cando imos? E atoparanse con iso que tedes nesa foto de aí arriba… un carreiro misterioso e máxico polo que un tal San Froilán (patrón da cidade) camiñaba hai uns 1200 anos para baixar desde a Muralla Romana ata o río Miño…

Templo romano de Santalla de Bóveda (Foto: Guido Álvarez Parga)

E os galegos doutras partes de Galicia? Que me dirán si lles digo que nos arredores de Lugo hai un santuario romano cunhas características únicas en todo o territorio que abarcaba o vello imperio? E si lles digo que estatísticamente visítano case tantos irlandeses e alemáns como españois?

Templo mitraico no centro de Lugo (Foto: Guido Álvarez Parga)

¿E si lle digo a calquer terrícola que en Lugo atópase o templo mitraico máis occidental do Imperio Romano?

Muralla Romana de Lugo, do século III (Foto: Guido Álvarez Parga)

Non esquezades que Lugo tamén ten a única Muralla Romana completa de todo o mundo, eh? E unha catedral do século XII, e unha ponte do século I, e tres Patrimonios da Humanidade declarados pola UNESCO (Muralla, Catedral, Camiño Primitivo)… e que é a única capital ibérica situada dentro dunha Reserva da Biosfera! Só era por contarvos algunhas cousas que quizais non sabiades :) Algúns dos “segredos” da cidade dos descubrimentos... Seguiremos contando :)

 

Guido Álvarez Parga (Lugo, 1985).Guía Oficial de Turismo de Galicia. Axente de viaxes en Galicia Infinita. Diplomado en Turismo, máster en Planificación e máster internacional en Paisaxes Culturais. Percorrido formativo e laboral en varios países europeos (Francia, Alemaña, Italia e Reino Unido).

www.guidoalvarezparga.com

Twitter: @guidoalvarezp / Facebook: guidoalvarezp / Flickr: guidoalvarezparga

Máis artigos de Guido Álvarez aquí.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Paco

Lucus Augusti fue fundada en el 12 a.C. por el legado de Augusto Paulo Fabio Máximo. Lo que había en el 25 a.C. era un campamento militar romano, no una urbe. Los romanos se tomaban muy en serio la fundación de las ciudades, más en el caso del Bosque Sagrado de Augusto, y les dedicaban una serie de rituales. Se conserva, además, el cipo fundacional de la ciudad. Por cierto, este Paulo Fabio Máximo también fundó Brácara Augusta... el mismo año. Así que no, Lugo no es más antigua que Braga. Y tendría que comprobarlo, pero dudo que sea más antigua que Astorga.


Muralla de Lugo / Guido Álvarez