O guerrilleiro Foucellas salta aos escenarios da man de Talía Teatro

Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo interpretan a historia do famoso maquis galego, na que ficción, mito e realidade mestúranse para propor unha reflexión sobre a xestión da derrota e da esperanza.

Por GC Tendencias | Ourense | 03/04/2017

A compañía galega Talía Teatro presenta este xoves, seis de abril, ás 20:30 h no Auditorio-Pazo de Congresos de Ourense a súa obra ‘Foucellas’. Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo dan vida á historia do famoso maquis galego, na que ficción, mito e realidade mistúranse para nos propoñer unha reflexión sobre un momento único e determinante da nosa historia.
 
As entradas para asistir á representación de ‘Foucellas’ poderán adquirirse online na web de Ataquilla.com, ou na billeteira do teatro o mesmo día do espectáculo. 
 
Esta proposta vén referendada por un dos grandes nomes da escena galega, Cándido Pazó, quen dirixe e asina o texto orixinal escrito ex profeso para este espectáculo. Unha peza dramática que, alén de afondar no mítico personaxe galego de Foucellas, propón unha reflexión profunda sobre un transo co que, privada ou colectivamente, ás veces nos enfrontamos: a xestión da esperanza e a administración da derrota.
 
Dani Trillo asina a escenografía e o deseño gráfico da obra, mentres que Artur Trillo encárgase da distribución desta proposta, na que participan, así mesmo, Afonso Castro (iluminación), Martina Cambeiro (vestiario e maquillaxe), Manuel Riveiro (música), Auri Ferreiro (produción), Rubén Prieto (fotografía e vídeo) e Belén Pichel (axudante de dirección). A obra foi recentemente galardoada co Premio María Casares á Mellor Escenografía.
 
 

Compra as túas entradas en ataquilla.com

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Obra de teatro sobre O Foucellas / Talía Teatro