Destino Rías Baixas 2017 promociona a música, o viño e os camiños de Santiago

A Deputación de Pontevedra aposta polos #RíasBaixasFests e anunciou 'Cruzando camiños', o eixo que engloba todos os Camiños a Santiago da provincia.

Por GC Tendencias | Pontevedra | 28/03/2017

Camiños que transcorren pola provincia, festivais de música, o enoturismo e a calidade turística centran a nova campaña de promoción turística do Destino Rías Baixas 2017 presentando este martes no Palacete das Mendoza de Pontevedra.
 
No acto de presentación a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, estivo acompañada polos alcaldes de Barro, Cambados, O Grove, Lalín, O Rosal, Sanxenxo e Tui; o xerente do Instituto Galego do Viño, Jorge Vila, e o representante dos Festivais Rías Baixas, Kim Martínez.
 
Máis aló do clásico binomio de praia e gastronomía, a Deputación pretende promocionar outras potencialidades do territorio a través de "canles máis modernas e de vangarda", segundo indicou.
 
Coa lema 'Moito por descubrir', e unhas matrioskas como imaxe de "amizade, acollida e descubrimento", segundo engaden, desenvólvese unha campaña promocional ao redor dunha "sucesión infinita" de distintos lugares e experiencias que as Rías Baixas albergan no seu interior e que achegan "moitas razóns para visitarnos", segundo explicou Carmela Silva.
 
Así, continúa a aposta polos #RíasBaixasFests e anunciouse 'Cruzando camiños', o eixo que engloba todos os Camiños a Santiago da provincia (o Camiño Portugués, o Camiño pola Costa, a Ruta do Mar de Arousa, a Vía da Prata, o Camiño de Inverno e o do Pai Sarmiento).
 
Ademais, o enoturismo sitúase como polo de atracción aproveitando o nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño e a calidade turística pon de relevo o valor e a calidade dos establecementos da provincia a través do distintivo Sicted. Respecto diso, Carmela Silva sinalou que este ano 203 establecementos contan con este distintivo.
 
A promoción do Destino Rías Baixas vaise a presentar en catro escenarios: en Vigo este xoves 30, cunha gala de presentación; en Madrid, o próximo 5 de abril; en Lisboa, en maio; e, finalmente, na localidade portuguesa de Porto, onde volverá o tren dos #RíasBaixasFests que xa fixo o percorrido Vigo-Porto o verán pasado.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A Deputación de Pontevedra presenta campaña Turismo Rias Baixas 2017 / EP