Xaneiro en Praga

Na memoria queda esa chegada á estación central de Praga nun nevado mércores de xaneiro. Lembrareino sempre coma o maior shock de beleza que vivín nunca. Síndrome de Stendhal.

Por Homo ambulans - Guido Álvarez | Lugo | 22/03/2017

Algo xa contei no GC sobre a miña viaxe-aventura de xaneiro polo centro de Europa. Un percorrido en tren, durante 15 días, por algunhas das cidades máis fermosas, cultas e apaixonantes do mundo.

Praga foi a miña segunda parada tras Budapest (sobre a que xa escribín hai un par de meses) e lonxe de defraudarme, superou con creces as miñas expectativas. Píntana como tan turística e de moda que eu temía atoparme un parque temático... pero polo menos neste mes de xaneiro non me deu esa impresión. Si está chea de negocios turísticos, si que é unha cidade aberta ó mundo... pero non se parece a eses outros famosos destinos que xa perderon, como mínimo, unha gran parte da súa alma.

C:\Users\Guido\Desktop\Viaxe centroeuropea 196.JPG

Río Moldava e castelo de Praga (Foto: Guido Álvarez Parga)

Praga mantén unha esencia, unha identidade propia, un estilo auténtico e xenuino. E a miña sensación foi que todos os turistas que por alí pasean son conscientes de estar visitando un lugar preferente do mundo.

C:\Users\Guido\Desktop\Praga\Viaxe centroeuropea 201.JPG

Monicreques no barrio xudeu (Foto: Guido Álvarez Parga)

Fixen 3 tours, e todos eles con diferentes empresas. Todos saíndo dende a Praza da Cidade Vella:

  • O free tour con PRG Tours e o seu guía asturiano Alfonso. Actor profesional e un gran coñecedor da cidade. Levounos pola cidade vella, polo barrio xudeu e tamén por parte da cidade nova. Moi aconsellable na aterraxe a Praga.

  • A visita ó campo de concentración de Theresienstadt, con White Umbrella Tours. Custoume 32 € incluíndo a viaxe en autobús (ida e volta). Unha experiencia tan forte como construtiva.  

  • O tour do castelo de Praga, con Sandemans New Europe. Custoume 11 € que valeron moito a pena. Máis ca un castelo semella unha cidade enteira... non por nada é un dos máis grandes do mundo! Palacios, igrexas, a catedral de San Vito, o calello de Ouro (onde viviu Franz Kafka)... un paseo de máis de 600 anos.

C:\Users\Guido\Desktop\Praga\Viaxe centroeuropea 211.JPG

Václavské náměstí, praza de Wenceslao (Foto: Guido Álvarez Parga)

Aloxeime no Hostel Santini, un lugar que recomendo completamente, sobre todo para quen busque tranquilidade e comodidade a bo prezo... 10,5 € por noite! Nun palacio do século XVII, e a só 500-600 metros da Ponte de Carlos. Almorzo gratis, toalla, taquilla, roupa de cama, boa calefacción...

C:\Users\Guido\Desktop\Praga\Viaxe centroeuropea 240.JPG

Muro en homenaxe a John Lennon (Foto: Guido Álvarez Parga)

Beleza polos catro costados, monumentalidade, gran presenza de edificios medievais, renacentistas e barrocos... un dos castelos máis grandes do mundo... teatro, música, arte na rúa... e moita historia. Quedan ganas de voltar por Praga, que agora xa é unha das miñas cidades favoritas.

Guido Álvarez Parga (Lugo, 1985).Guía Oficial de Turismo de Galicia. Axente de viaxes. Diplomado en Turismo, máster en Planificación e máster internacional en Paisaxes Culturais. Percorrido formativo e laboral en varios países europeos (Francia, Alemaña, Italia e Reino Unido).

www.guidoalvarezparga.com

Twitter: @guidoalvarezp / Facebook: guidoalvarezp / Flickr: guidoalvarezparga

Máis artigos de Guido Álvarez aquí.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Praga, capital de Chequia / Guido Álvarez