O primeiro filme LGTB en galego acada o financiamento mínimo para a súa rodaxe

O proxecto acada 8.000 euros para os gastos de rodaxe e salarios dos actores mediante unha campaña de 'crowdfunding'. Agora buscan outos 5.000 euros para poder pagar os salarios do equipo.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 05/03/2017

Tras unha exitosa campaña na rede na que se recabaron máis de 8.000 euros en tan só un mes, 'Nove de Novembro', a que será a primeira longametraxe de temática LGTB en galego, xa dispón dos recursos necesarios para rodarse o vindeiro mes de agosto.

A campaña de financiamento, que seguirá activa ate o vindeiro 15 de marzo, enfoca agora os seus esforzos en xuntar outros 5.000 euros para poder asegurarlle un salario ao equipo técnico do filme

"Somos conscientes de que quedan poucos días para conseguir o segundo obxetivo, pero estamos traballando en máis vías de financiamento para conseguilo”, aclara o seu director, Lázaro Louzao.

Na campaña de micromecenazgo plantéxanse aportacións dende os 3 euros ate os 500 para que participe todo aquel o que lle interese o proxecto.

“Os gastos de rodaxe e os salarios dos actores xa están cubertos, agora temos que conseguir que cobren todos os demáis, que sexa un proxecto de baixo presuposto non debería significar que a xente traballe de balde”, remata Louzao.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Fotograma de 'Nove de Novembro', de Lázaro Louzao, primeiro filme LGTB en galego.