Inspiración en Budapest

GC viaxou a Budapest, a capital compartida do que foi un gran imperio. En torno a esa gran vea que cruza Europa, o Danubio, está a Gran Sinagoga (segunda máis grande do mundo), o Parlamento Húngaro, a Praza dos Heroes, o Mercado Central, a basílica de San Esteban, o castelo de Vajdahunyad, o Bastión dos Pescadores... Pero tamén esa Budapest oculta da que non se fala nas guías.

Por Homo ambulans - Guido Álvarez | Budapes | 17/02/2017

Szabadság híd, ponte da Liberdade (Foto: Guido Álvarez Parga)

Sempre sentín que Hungría tiña algo especial... agora puiden descubrilo de primeira man. O pasado mes de xaneiro fixen unha das viaxes máis interesantes da miña vida. Creo que vai dar pé a máis dun artigo, e por iso quero comezar por só unha das cidades que visitei durante os 15 días que estiven polo centro de Europa: a palpitante Budapest.

Cheguei ó Ferenc Liszt (non pouco simbólico que o aeroporto nacional leve o nome dun compositor) o luns 8 de xaneiro no voo Madrid-Budapest de Ryanair (ida e volta custoume 52 €). Recibiume Hungría cunha baixa temperatura de -10º C, e esa noite converteríase (a -18º C) na máis fría, pero non menos marabillosa, temperatura da miña vida.

Nesa chegada matutina a Budapest fun un pouco preguiceiro, e por non complicarme a vida cas combinacións de transportes urbanos, optei por desprazarme ata o meu hostel (Carpe Noctem) nun servizo de grandes furgonetas que nunca antes vira noutro sitio.  Nun mostrador do aeroporto estaba ben anunciado con grandes carteis, e consistía nun sistema organizado por distritos ou zonas. Un collía o seu ticket (custoume uns 12 €) e poucos minutos despois dábanche o aviso -a través dunha pantalla- co número da furgoneta que saía cara o teu destino. Moi práctico! E deixábanche no punto exacto que solicitases.

Emocionado, deixei a mochila na miña taquilla do hostel, e xa comecei a pasear por Budapest. Primeiro destino: o Danubio!!! Ese río que tanto escoitamos/vimos/lemos mencionar na música, na literatura ou no cine. Tamén nas memorias do barrio do meu pai, en Bos Aires. A familia Mihály! Aqueles que tocaban o violín e que todos os domingos ían bailar...

C:\Users\Guido\Desktop\Viaxe centroeuropea 003.JPG

Margit híd, ponte de Margarita (Foto: Guido Álvarez Parga)

Fascineime co Dunav  e converteríase en “lugar común” durante o resto da viaxe. Sábeno ben as persoas que coñecín por alí. Cando me mandaban un whatsapp para saber onde estaba, sempre coincidía que estaba eu polo Danubio... O río de Strauss, Schubert, Mozart, Liszt, Béla Bartók... de tantos grandes.

Os Free Tours, os Hostels, e o Szimpla Kert

Mención especial merecen estes tres servizos turísticos da cidade. Os que me ledes/coñecedes, xa sabedes que son un gran fan das dúas primeiras cousas... parécenme un modo formidable de entrar nas cidades, socializar, e descubrir...

Pois en Budapest estas alternativas viaxeiras son de primeira categoría, polo menos na experiencia que eu vivín! O Carpe Noctem foi un gran punto de chegada (un hostel moi dinámico) e o Avenue Hostel un gran punto para dicirlle adeus a Budapest (un hostel con todas as comodidades e ubicado nun punto difícilmente máis estratéxico: a praza Oktogon). Ambos a prezos moi competitivos (10-12 € por noite) e cunha gran traxectoria ás súas costas.

Os free tours fíxenos coa empresa Free Budapest Walking Tours e a experiencia tamén foi excelente. A guía local falaba un impecable castelán, levounos por sitios fantásticos, deunos moi bos consellos... e no grupo fixemos moi boas migas que serviron para logo seguir visitando xuntos a cidade.

Ese mesmo día do primeiro tour (martes 9 de xaneiro) xa fomos tomar algo ó Szimpla Kert! Que xunto co Danubio converteríase seguramente no meu outro punto favorito da cidade. ¡Qué lugar máxico! Un centro cultural, café, bar, e tantas outras cousas... un lugar de encontro cheo de encanto, vida, e calidez.

C:\Users\Guido\Desktop\Viaxe centroeuropea 085.JPG

No Szimpla Kert con amigos de Granada e Arxentina

As termas e os balnearios

Outro dos imprescindibles de Budapest! Eu fun ás de Széchenyi cos amigos de Granada e Arxentina, e alí fixen máis novas amizades de Alacante e Portugal. Grandes! Coas rapazas de Coimbra (Marta e Vera) tamén fomos tomar algo esa mesma noite (ai Budapest, Budapest...).

¡Qué pasada Széchenyi! Por 15 € pasamos unha tarde impresionante nas distintas augas do balneario... con orixes no século XIX! Aínda que a inauguración oficial foi no ano 1913.

C:\Users\Guido\Desktop\Viaxe centroeuropea 100.JPG

Termas de Széchenyi (Foto: Guido Álvarez Parga)

Por suposto estas son algunhas das claves/contrasinais que sempre me gusta compartir con vós, pero logo están todos os lugares clásicos que poderedes atopar en calquera guía sobre Budapest, e ós que por suposto vos levarán nos free tours: a Gran Sinagoga (segunda máis grande do mundo), o Parlamento Húngaro, a Praza dos Heroes, o Mercado Central, a basílica de San Esteban, o castelo de Vajdahunyad, o Bastión dos Pescadores...

C:\Users\Guido\Desktop\Viaxe centroeuropea 086.JPG

A Gran Sinagoga de Budapest, segunda máis grande do mundo (Foto: Guido Álvarez Parga)

Como diría Sabina: “sobran os motivos”... Budapest vale a pena. Para min despois desta viaxe converteuse nun dos meus “lugares no mundo” e agardo voltar e voltar... para outra birra no Zsimpla Kert, para outro café no Mozaik, para outro baño en Széchenyi, para outro chocolate no Mercado Central, para outro paseo polo Danubio...

 

Guido Álvarez Parga (Lugo, 1985).Guía Oficial de Turismo de Galicia. Diplomado en Turismo, máster en Planificación e máster internacional en Paisaxes Culturais. Percorrido formativo e laboral en varios países europeos (Francia, Alemaña, Italia e Reino Unido).

www.guidoalvarezparga.com

Twitter: @guidoalvarezp / Facebook: guidoalvarezp / Flickr: guidoalvarezparga

Máis artigos de Guido Álvarez aquí.

 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Termas de Széchenyi / Guido Álvarez Parga