A epopea galega que serviu para curar a varíola convértese en novela

Dende hoxe nas librarías Os Nenos da Varíola (Editorial Galaxia), a nova novela da escritora María Solar. Nesta novela, a máis ambiciosa da autora, recupera un dos episodios máis incribles e obra da medicina mundial que ten como protagonistas a moitos galegos.

Por GC Tendencias | A Coruña | 09/02/2017

En 1803 os nenos do hospicio da Coruña, dependente do Hospital da Caridade, sobreviven a duras penas. Nin eles, nin a súa reitora, Isabel Zendal, poden imaxinar de que maneira lles cambiará a vida a chegada do doutor Balmis e a súa expedición médica. O propósito era levar a vacina da varíola ao Novo Mundo. 22 orfos procedentes de Madrid, A Coruña e Santiago conformarán unha cadea humana "brazo a brazo" para levar a vacina aos territorio de ultramar. 
 
Unha novela sobre a nosa historia, baseada en feitos reais, que recupera un dos episodios máis descoñecidos e fascinantes da medicina mundial. Galaxia di que se trata dun libro de acción trepidante que non deixa indiferente, que está meticulosamente documentado e que combina personaxes reais con outros de ficción sobre os que recae boa parte da carga dramática.
 
Homenaxes
Con motivo do lanzamento do libro realizaranse na Coruña e Santiago dúas homenaxes. En Compostela o Hostal dos Reis Católicos, antigo Hospital Real, colocará unha placa nunha parede do antigo hospicio que se atopaba no seu interior, homenaxeando aos 5 nenos expósitos que formaron parte da expedición. Na Coruña, o concello, participará tamén en actos de homenaxe aos nenos, a reitora, Isabel Zendal, e demais membros da expedición. 
 
En 1980 a OMS declarou o planeta Terra zona libre de varíola. Era a primeira vez, e de momento a única, que unha enfermidade se erradicaba grazas a unha vacina. A ninguén escapa a impostancia vital da Real Expedición da Vacina para a súa erradicación.
 
A OMS recoñece tamén a Isabel Zendal, reitora da casa de expósitos da Coruña (nada en Ordes) como a primeira enfermeira do mundo en misión internacional, e o goberno mexicano outorga cada ano o Premio Nacional de Enfermaría que leva o seu nome.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



María Solar/Cultura de Galicia