Chéveve e Matarile celebran actuando en Santiago 30 anos de traxectoria

O teatro galego é o protagonista indiscutíbel da segunda semana de Escena do Cambio. O festival que se celebra en Santiago inclúe dous platos fortes no seu menú final. É que que Chévere e Matarile celebran os seus trinta anos de historia con ‘Cheverografías. Compostela 8717’ e ‘Antes de la metralla’ respectivamente.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 06/02/2017

As entradas de Escenas do Cambio xa están á venda en ataquilla.com dende só 8 euros máis gastos. Ademais, pode consultarse todo o contido do festival na súa web
 
A ollada á escena galega convivirá coa atención ao teatro contemporáneo de América Latina, con propostas de nomes imprescindibles como Federico León, Guillermo Calderón ou Manuela Infante. Xunto a estas montaxes, ‘Escenas do Cambio’ ollará unha vez máis a África co monzabiqueño Panaibra Gabriel Canda.
 
A partir deste luns e ata o mércores, ‘Escenas do Cambio’ percoren da man de Chévere as rúas de Compostela, no proxecto ‘Cheverografías. Compostela 8717’, nunha experiencia teatral superposta sobre o mapa urbano de Compostela, a cidade natal desta compañía, e na que o público participará a través de reprodutores mp3. O venres tomará o relevo Matarile Teatro, a compañía de Ana Vallés, que trae ao Gaiás o seu ‘Antes de la metralla’, concibida como un encontro real entre persoas que expoñen orientacións e interpretacións da escena contemporánea desde diferentes ángulos, perspectivas ou implicacións.
 
América Latina estará representada por Federico León que, tras presentar ‘Yo en el futuro’ e ‘Las ideas’ participará este martes nunha conferencia tras a proxección de dúas das súas películas ‘Estrellas’ e ‘Entrenamiento elemental para actores. O teatro social e político volve ter presenza entre as propostas que chegan de América, como ‘Mateluna’, do chileno Guillermo Calderón, que explora a idea de xustiza e dos ‘perversos mecanismos do Estado’, a través da historia dun ex guerrilleiro. Pecha esta tríada de latinoamericanos Manuela Infante con ‘Aparato radical’, concibida como unha obra “vexetal”.
 
África volverá estar presente no campo da danza con ‘Os solos da Marrabenta’ do monzabiqueño Panaibra Gabriel Canda, unha coreografía en torno á música marrabenta, nacida nos anos cincuenta da combinación de influencias europeas e africanas, ligada á historia de Mozambique, antiga colonia de Portugal.
 
Completan o programa ‘Introducing the star’ de Pablo Esbert e Federico Strate, as performances de Loreto Martínez Troncoso e Alejandra Pombo ou de Usue Arrieta e Vicente Vázquez. 
 

Compra as túas entradas en ataquilla.com

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Cidade da Cultura no Monte Gaias/Projetoblog.com.br

Chévere actuando nas rúas de santiago /escenasdocambio.org