SES presentará o seu novo "disco de amor" en Ourense

A guitarrista e cantante herculina actuará na capital das Burgas o sábado 28 de xaneiro para presentar o seu cuarto álbum.

Por GC Tendencias | Ourense | 10/01/2017

“O título ‘Opoñerse á extinción’ é a síntese da actitude que amosa o disco. A honestidade, a lucidez e tamén a rabia de sabernos en vías de desaparición inminente e inxusta, mais coa forza, o orgullo e o vitalismo de quen non asume o autoodio que tentan inculcarlle. Creo que é un traballo humilde, sincero e profundamente namorado da cultura á que pertence. É un disco de amor”. Así define María Xosé Silvar, SES, o seu novo disco, o cuarto da súa carreira.

SES actuará no Teatro Principal de Ourense o próximo sábado 28 de xaneiro. A actuación comezará contra as 20:30 horas e as entradas xa están a venda en Ataquilla por só 8 euros máis gastos.

Segundo as súas propias palabras, “no disco falo dunha dupla extinción, en primeiro lugar da humanidade como eu a contemplo, con solidariedade entre os pobos, e en segurndo lugar a extinción da identidade galega, o país no que me insiro. A nosa lingua está morrendo, quédanlle 50 anos de vida como moito”. 

Este novo traballo continúa na liña dos dous discos anteriores, cunha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, pero atrevéndose desta volta con novas sonoridades e deixando máis espazo para a cantareira que hai no seu interior.
 

Compra as túas entradas en ataquilla.com

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



SES presentando o seu disco en directo / komunika kultura