Os Bolechas saen de xira e darán un concerto na televisión

Os Bolechas, as personaxes de Pepe Carreiro editadas por Bolanda, as máis populares da banda deseñada infantil galega, volven a saír de xira polo Nadal. Segundo se informou nunha rolda de prensa na sede do Museo Pedagóxico de Galicia, serán protagonistas da xira "Nadal en familia” que entre o 17 de decembro e o 7 de xaneiro pasará por dez localidades.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 14/12/2016

Contacontos, xogos populares, obradoiros de maquillaxe, chapas e debuxo, exposición e concurso de postais son algunhas das propostas que achegue o Nadal en familia dos Bolechas durante as próximas datas. Ademais, a cativada poderá aproveitar para escribir as súas cartas aos Reis Magos e poderá levar grandes agasallos dos Bolechas debuxando unha postal de Nadal, xa que en cada vila, ao final da xornada, sortearanse varios premios entre todos os debuxos presentados.
 
Datas dos eventos para toda a familia
 
O Nadal en familia dos Bolechas dará comezo este mesmo sábado, 17 de decembro,  na Pobra do Brollón. O domingo 18 estará en Barbadás, o día 22 en Rianxo, o 23 en Sanxenxo, o 26 en Santa Comba, o 28 en Rois e o día 30 de decembro no Porriño. Xa no mes de xaneiro a xira continuará o día 3 no Rosal, o 4 en Padrón e o día 7 rematará en Barreiros.
 
En todas as vilas estarán os Bolechas corpóreos saudando e retratándose coas cativas e cativos que se acheguen ata a caravana deste “Nadal en familia”, que incluirá tamén a Tenda dos Bolechas onde se poderán adquirir todos os produtos da marca, entre eles os últimos libros publicados, tanto na colección Formato clásico como na de Libro+Peluche ou a recentemente presentada As miñas primeiras Letras Galegas.
 
Tanto as actividades como os premiados e as localidades e datas da xira poderán seguirse na web habilitada para os Bolechas,  ou en lingua.gal/nadal-en-rede, ademais de nas redes sociais dos Bolechas (Facebook e Twitter), tal como explicou Antonio Couto, de Edicións Bolanda.
 
Concerto na TVG
 
Con el estiveron na presentación Iria Rodríguez, de Gadis, e Rosa Vilas, directora da Televisión de Galicia, que un ano máis participa na Xira de Nadal dos Bolechas. Rosa Vilas recordou o éxito dos Bolechas na televisión e anunciou que serán os protagonistas dun concerto de Nadal que emitirá a canle pública nos próximos días.
 
Tampouco faltou Valentín García, o secretario xeral de Política Lingüística, promotor do Nadal en Rede no que se enmarca esta actividade. García Gómez destacou, unha vez máis, a importancia dos Bolechas na “implantación do galego nas idades temperás” e o enorme éxito que teñen “constatado ano a ano en cada unha das actividades que levan a cabo”

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Unha das imaxes dos bolechas

Presentación da xira Nadal en Familia dos Bolechas