A actriz Susana Dans, pregoeira da Festa da Pisa de Froxán

O sábado 10 de decembro, día escollido para celebrar a XVIII edición da Festa da Pisa da castaña seca.

Por GC Tendencias | O Courel | 09/12/2016

Ás 11:30 horas farase o simbólico “acendido do sequeiro”  para amosar aos  visitantes como e onde se secaban as castañas, e cara as 12:30 horas terá lugar a demostración da “pisa e abandoxado da castaña”. A pisa é o xeito tradicional mediante o cal se lle quitan as cáscaras á castaña seca a base de golpealas dentro nun saco enriba dun tallo de madeira e o abandoxado é o proceso seguinte no cal con moita maña se aparta a castaña da peluxe e das cáscaras. Como cada ano o “abandoxador” profesional será o “Xan de Vilar”.

Ás 13:15 h aproximadamente terá lugar xa o pregón a cargo da coñecida actriz galega Susana Dans e cara as 13.45 h farase a presentación de varios libros: “O Apalpador e o Arco da Vella” de Xan G. E “O libro do Courel” de Sonia García.

Ás 14.30 h. xantar degustación do “menú do pisador” (castañas cocidas con lacón e chourizo máis torta de castaña)  na carpa central do recinto festeiro de Froxán. Xantar que como cada ano se queda curto dada a concorrencia de visitantes. A organización, Asociación Fonte do Milagro avisa que hai para unhas 400 persoas e repartirase por orden de chegada.Non se garante que chegue para todos os asistentes. A partir das 16.00 h. de novo demostración do pisado e abandoxado onde poderá participar o público.

Ao longo da xornada haberá postos de artesanía e produtos da zona ademais de foliada libre na que se pode apuntar quen o desexe. 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Abandoxado. Xan de Vilar

Pisado de castañas