Valdeorras, o 3º viño mellor valorado en España, lanza unha campaña de promoción

Baixo o eslogan “un saber facer único” búscase poñer en valor os viños desta D.O. que se sitúan como terceiros mellor valorados de España na Guía Peñín.

Por GC Tendencias | O Barcoç | 24/11/2016

O presidente do Consello Regulador, Francisco García, presentou esta semana en rolda de prensa a imaxe gráfica e a filosofía dunha campaña promocional dos viños de Valdeorras que se activará, durante un mes, nas principais cidades galegas: A Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense. A campaña fai fincapé “no saber facer dos profesionais do viño de Valdeorras. Unha forma de elaborar que se traduce no excelente produto que supoñen os nosos brancos e tintos”, afirmou García. 
 
A iniciativa leva como eslogan Un saber facer único e pon en valor un modo de elaborar que ten permitido que os viños da D.O. Valdeorras se sitúen como os terceiros mellor valorados de España, por tras dos de Priorat e Jerez na Guía Peñín e que os seus viños xóves encabecen o ránking dos mellores de España para os expertos desta mesma publicación especializada.
 
Greguería gráfica
 
A gráfica da campaña presenta unha ilustración a partir de elementos ligados ao eido do viño, pero cun tinte fantástico. Pretende causar un efecto sorpresivo a través da asociación visual de dúas imaxes que asocian libremente conceptos ligados e á vez contrapostos.Trátase de ilustracións con obxectos únicos e imaxinarios, a modo de greguería gráfica.
 
Imaxe gráfica nas flotas de urbanos das sete cidades
 
Xunto a isto, toda a gráfica se apoia sobre texturas de papel que presenta un aspecto rancio, como impregnado polo paso do tempo. Insistimos, así, no carácter tanxible, humano e tradicional dunha actividade milenaria como é a elaboración do viño.
 
Esta imaxe situarase durante un mes, ata o vindeiro 21 de decembro, nas traseiras e tamén, nalgúns casos, nos laterais das flotas de buses urbanos de diferentes liñas que transcorren polas sete cidades galegas: tres liñas en Vigo, unha en Ferrol e dúas en cada unha das urbes restantes.  Xunto a isto, esta mesma imaxe será a protagonista da valla exterior que está enfronte ás instalacións do Consello Regulador. E, en paralelo, acompañarase coa retransmisión dun pequeno vídeo comercial dos nosos viños que poderá verse en pantallas emprazadas no centro de Santiago durante dous meses.
 
Organización en evolución
 
“O ano que vén, a nosa D.O. cumpre 60 anos. Esta renovada imaxe que hoxe presentamos pretende chamar a atención dos nosos grupos de interese e situarnos como unha organización en evolución, sen renunciar á esencia dos nosos valores fundacionais e, sobre todo, do noso saber facer”, finalizou o presidente do Consello Regulador.
 
 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Rolda de prensa da presentación da campaña de imaxe da DO Valdeorras