Cal é a mellor tapa de Santiago?

Comeza unha nova edición do popular concurso Santiago(é)tapas, no que colaboran 68 locais da cidade. O público pode escoller entre 104 tapas, que pasaron un proceso de preselección para garantir que todas as tapas teñen un bo nivel.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 18/11/2016

Nas oito edicións celebradas, Santiago(é)tapas superou xa as 245.000 tapas vendidas; e rematou a oitava con máis de 31.000 tapas consumidas nos 69 locais participantes nesa edición. Estas cifras ratifican o evento non só como promotor da gastronomía local como atractivo turístico, senón tamén como dinamizador do consumo e incentivo de calidade para a hostalería.
 
A nova edición de Santiago(é)tapas continúa cos elementos distintivos do concurso. O obxectivo fundamental da organización é consolidar o evento en novembro, en paralelo a Cineuropa, como reclamo turístico que combina cine e gastronomía nun mes no que descende a afluencia de xente a Santiago. Trátase así dunha medida encamiñada a reducir a estacionalidade da demanda turística da cidade.
 
Cinco etapas e varios premios 
A cidade divídese en cinco rutas ou (é)tapas que, a modo de etapas do Camiño de Santiago, teñen que ir percorréndose para poder conseguir diferentes premios. O Tapasporte, libriño onde os locais irán poñendo o seu selo cando se consuma a súa tapa, poderá recollerse dende o xoves na oficina de Turismo de Santiago e nos propios locais participantes.
 
A votación popular será a responsable de decidir tres premios: o primeiro Premio Tapa do Público 2016, dotado con mil euros, o segundo premio, dotado con 500 euros en produtos, e o Premio (É)xcelente 2016, para o local con mellor servizo integral. O gañador do primeiro premio, ademais, será o representante de Santiago no evento De Tapas por Galicia ou calquera outro evento similar.
 
O xurado especializado tamén visitará de incógnito os establecementos e escollerá a proposta gañadora do Premio do Xurado á Mellor Tapa 2016. Como novidade, outorgará este ano unha mención especial Santiago(é)Cine 2016 á tapa que por título, técnica, produtos ou elaboración estea vencellada ao mundo do cine, en homenaxe aos 30 anos de Cineuropa.
 
Por segunda edición, Santiago(é)tapas está organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Conta ademais co patrocinio de Cash Récord, Coca Cola e Mil Ríos, a colaboración especial de Estrella Galicia – Cabreiroá e a colaboración do Obradoiro, Carrís Hoteles e Transportes Mosquera. 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Presentación do Santiago(é)tapas 2016