Un conto para explicarlle aos nenos que o Samaín non é o Halloween

Loretta Birott e a Editorial Galaxia presentan un libro ilustrado para nenos baixo o título de O noso Samaín.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 25/10/2016

O obxectivo, segundo explica a editorial, explicarlle ás nenas e nenos de Galicia a fecunda tradición galega relacionada co nacemento do outono e crenzas que veñen, probablemente, da época prerromana. Trátase, polo tanto, de que os cativos comprendan a diferencia entre o recuperado Samaín e o ascedente Halloween norteamericano.
 
Así, Galaxia destaca que para a autora é crucial, e a editorial comparte, que "a cativada galega saiba que a tradición dos calacús e do contacto entre os mortos e os vivos é, tamén, galega, que se chama Samaín e que leva celebrándose no País, dende sempre". 
 
Loretta Birott Bermejo naceu en Venezuela en 1979, máis ao pouco volve para Galicia de onde é a súa familia materna. Vive na Coruña e cursa os estudios de Dietética e Nutrición, profesión que desenvolve na actualidade na industria farmacéutica. Comezou a escribir relatos por afición e máis tarde contos infantís para a súa nena. 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

XMP

Mas... não é por ser 'repunantinho', mas ao Samhain (pronunciado "sau-im") a melhor tradução livre que lhe podemos dar é Magusto, pois ambas palavras indicam a mesma época do ano onde se celebra a mesma cousa (literalmente Samhain significaria Novembro em gaélico, uma temporada do ano, e que tampouco é estritamente galego, ou?). E sim, Halloween bebe directamente do Samhain irlandês, o que os irlandeses levaram aos USA (ainda que depois se comercializara, etc, etc - não vem ao caso). Magusto-Samhain-Halloween são, no fundo, palavras diferentes para indicar uma mesma ideia celebratória. Que outra cousa seria o Halloween senão?


O noso Samaín, libro ilustrado editado por Galaxia nunha imaxe de Lorena Britrott