O fotoxornalista vigués Miguel Núñez mostra o drama dos refuxiados no campo de Idomeni

Aula D - Escola de Deseño inaugura unha mostra en Vigo coas imaxes que tomou o colaborador de GC durante a súa estadía no campo de refuxiados instalado en Grecia.

Por GC Tendencias | Vigo | 20/10/2016

O fotoxornalista vigués Miguel Núñez, colaborador de GC, mostra nunha exposición o drama dos refuxiados que foron amoreados no campo de Idomeni, en Grecia. A mostra inaugúrase este venres, 21 de outubro, ás 12.30 horas, en Aula D - Escola de Deseño (rúa Ourense, nº4, praza interior, Vigo), nun acto no que o fotógrafo explicará a súa experiencia en Grecia.

A exposición 'Idomeni. Campo de refugiados' mostra a experiencia de Miguel Núñez na fronteira entre Grecia e Macedonia durante os meses de abril e maio deste ano, un traballo fotográfico que foi adiatado por GC: Que vas facer, Europa?“Os nenos deben ser nenos sempre”O día de Osman.

"Fun para documentar e contar historias; para entender que ocorre e por que, e para difundir. Sabendo que xa non son noticia —só a emerxencia vende xornais— pero tanto eu como outros compañeiros, que estivemos moi preto e mirámoslles aos ollos, temos a obriga de lembrar que aínda están aí, nun limbo. E non son invisibles. O fotoxornalismo é mais necesario que nunca, pero o negocio do xornalismo é o que está en crise e mutando", explica Núñez.

Miguel Nuñez é un recoñecido fotografo freelance que traballa con paixón no campo da fotografía documental, no que lle dá protagonismo a aqueles que el chama os "invisbles", os marxinados, os esquecidos, os ignorados pola sociedade, para axitar conciencias.

Entre outros medios, ten colaborado con xornais como Faro de Vigo, Que, 20 minutos, A Nosa Terra e La Voz de Galicia, ademais de Galicia Confidencial, xornal para o que fixo as fotografías que agora se mostran nesta exposición, que estará aberta até finais de novembro. Tamén ten aportado o seu traballo á ONGD Agareso (Asociación Galegas de Reporteiros Solidarios). Recentemente, a TVG dedicoulle unha reportaxe ao traballo de Miguel Núñez.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Osman ten 7 anos e sofre parálise cerebral, pero perde o sorriso. En brazos do seu pai chegou a Idomeni dende Afganistán e agora agarda voar a España para ser tratado nun hospital / Miguel Núñez.

Nenos refuxiados recollen papoulas no campo de Idomeni, cercados polo aramado / Miguel Núñez.

Unha nai sostén o seu fillo tras unha tormenta que arrasou o campo de refuxiados de Idomeni / Miguel Núñez.

O sorriso desta nena refuxiada en Idomeni desafía a tristura do muro de arame que a priva dunha vida segura en Europa / Miguel Núñez.

Unha nena refuxiada en Idomeni corre pola pradería cunha cometa feita cunha bolsa de plástico e unha bola de la / Miguel Núñez.

Este home refuxiado en Idomeni faise cargo dos seus fillos e de dous cativos máis orfos / Miguel Núñez.