Editoras e produtoras reúnense para tratar de facer filmes de obras galegas

Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a Asociación Galega de Editores (AGE) manteñen contactos por segundo ano consecutivo en Santiago.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 16/09/2016

Os representantes de 22 empresas galegas dos sectores audiovisual e editorial déronse cita hoxe na Cidade da Cultura para participar na fase de reunións da segunda edición do programa ‘Firma e filme’, na procura de novos proxectos de adaptación cinematográfica de obras literarias galegas.
 
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou para esa xornada un total de 54 xuntanzas bilaterais entre compañías con intereses comúns, nunha iniciativa na que tamén colaboran a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a Asociación Galega de Editores (AGE).
 
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e mais o director da Agadic, Jacobo Sutil, recibiron os representantes das once produtoras (Algarabía Animación, Agallas Films, Píxel Films, Rodaxe Produtora TV, Vaca Films, Pulsa ControlZ, Portocabo, Nós Produtora Cinematográfica Galega, Astrágalo Studio, Esferobite e Comarea) e das outras once editoriais (Edicións Xerais, Editorial Galaxia, Editorial Hugin e Munin, Vicens Vives, Editorial Toxosoutos, Editorial Tandaia, Ediciones Linteo, Técnicas & Gramaxe, Urco Editora, Hipotálamo e Nova Galicia Edicións) que participaron no encontro, aos que tamén se dirixiron Henrique Alvarellos, en representación da AGE, e Alfonso Blanco ‘Fosco’, en nome da Agapi.
 
‘Firma e filme 2016’ botou a andar o pasado mes de abril cunha convocatoria a raíz da que a Agadic recibiu 32 propostas de libros de diferentes xéneros e estilos susceptibles de seren levados ás pantallas en calquera formato ou xénero: animación, acción, aventuras, bélico, biopic, ciencia ficción, comedia, drama, experimental, fantástico, musical, romático, suspense, suspense, terror, thriller, etc.
 
 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



II Edición do Firma e Filme /agapi