Un autobús con nome de escritor ou editorial de libros en galego

No pazo do Tambre, na Ponte Nafonso, territorio familiar da empresa Autos Dosil S.L., celebrarase mañá, a ceremonia de bautizo do máis avanzado autocar da súa flota de transportes de viaxeiros, que levará o nome de “Editorial Galaxia”.

Por GC Tendencias | Noia | 08/09/2016

“Para Galaxia é un honor que unha iniciativa empresarial privada considere a nosa empresa como una institución simbólica que leve o nome de Galicia e da cultura galega polas estradas de España e de Europa”, declararon os responsables da editorial.
 
Autos Dosil, empresa de transportes de viaxeiros fundada en 1950 pola familia con este apelido, celebrou hai pouco en Noia o Día Das Letras Galegas repartindo entre as bibliotecas e centros escolares da súa área de influencia (o Barbanza, as terras de Noia, Muros e Santiago de Compostela) libros dos autores aos que a Real Academia Galega dedicou a onomástica do 17 de maio. Moitos destes autores e as súas bras figuran como elementos identitarios, dando nome aos diferentes vehículos da flota da compañia: Álvaro Cunqueiro, Castelao, Avilés de Taramancos, Rosaía de Castro, Eduardo Pondal… 
 
A incorporación de Editorial Galaxia a esta nómina responde á consideración histórica e simbólica que a empresa editorial ten para a propiedade de Autos Dosil, e está dentro da política de espallamento e defensa do patrimonio cultural galego que a devandita empresa desenvolve dende hai anos entre os seus usuarios.
 
O autocar, de arredor de sesenta prazas, dotado coas máis avanzados servizos e tecnoloxía de transporte (toma de internet para os pasaxeiros, pantallas para proxeccións audiovisuais, baño interior, etc.) responde ao modelo i8, dos que únicamente se fabricaon ata agora cinco unidades en toda España, construidos na factoría Irizar de Bilbao. A empresa Auto Dosil realiza dende hai décadas servizos regulares de pasaxeiros en Galicia, transporte escolar, etc., con proxeccion mesmo fóra de Galicia. Tal é o caso desta última unidade, que se especializará en grandes traxectr por España e dende Europa, moitos deles a través do Camiño de Santiago.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Autores, directivos e traballadores de Galaxia