O prazo para a presentación de obras ao XIV Premio de Poesía Afundación remata en setembro

O certame está convocado por Afundación, a Xunta de Galicia e o Centro Pen de Galicia. Poderán concorrer, ata o 30 de setembro, obras inéditas de máis de 600 versos escritas en lingua galega.

Por GC Tendencias | Vigo | 29/09/2016

 Aproxímase a data límite de entrega de orixinais inéditos para a participación na décimo cuarta convocatoria do Premio de Poesía Afundación. As persoas interesadas poderán concorrer ata o vindeiro 30 de setembro. Nesta nova edición, que a Fundación Galicia Obra Social (Afundación) organiza en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e co Centro Pen de Galicia, o obxectivo principal é o de recoñecer libros de poemas escritos en lingua galega. 
 
Ao certame poderán presentarse obras inéditas, non levadas a ningún outro concurso e cunha extensión mínima de 600 versos. O xurado cualificador estará constituído por cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e como presidente actuará o titular do Centro Pen de Galicia, Luís G. Tosar. A súa decisión farase pública a través dos medios de comunicación no último trimestre de 2016. O texto ganador recibirá un único premio de 6000 euros e será publicado, ademais, na colección «Arte de Trobar», editada polo Centro Pen de Galicia e a fundación galega.
 
Historia do premio
O galardón comezou a súa andaina no ano 2002 a instancias do Pen Club de Galicia e de Afundación. No seu elenco de ganadores figuran poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Valle Regueiro, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela e Miguel Anxo Fernán Vello, gañador da anterior convocatoria.
 
A presente edición, a décimo cuarta, conta co apoio e a participación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, que vén colaborando desde hai anos con esta cita de referencia na axenda cultural galega á vez que estimula a creación literaria. Afundación e o Centro Pen de Galicia, tras trece anos de implicación e compromiso coa poesía e coa literatura galegas, continúan traballando por un xénero indispensable que, aínda que minoritario, serve de alicerce para a consolidación da renovación estética e para a normalización da lingua galega.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Miguel Anxo Fernán-Vello / Asociación de Escritores en Lingua Galega wikimedia