Calzados de moda para que os pés non sufran no verán

Evitar as chanclas para percorridos longos, confiar en deseños tradicionais e cómodos, fuxir dos materiais que non transpiren e ter coidado cos zapatos novos son algunhas das recomendacións para que a calor que está a piques de chegar.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 31/05/2016

En primeiro lugar, cómpre sinalar un tipo de calzado que debemos evitar. Un dos tipos máis comúns nos últimos veráns son as chanclas. Creadas orixinalmente para as zonas de baño, hoxe non é raro ver a persoas pola rúa con elas. Os podólogos aconsellan empregalas só para o que foron creadas (piscinas, praias …) e en todo caso para recorridos de curta duración. 
 
O motivo é que os pés sofren moito ao camiñar longas distancias sen a subxección adecuada. Isto pode causar que cambiemos a nosa forma de camiñar, a miúdo de xeito inconsciente, porque o equilibrio é unha das funcións que o noso cerebro solventa en segundo plano. O cambio na nosa pegada habitual pode causar, en consecuencia, serias molestias nos xeonllos ou nos nocellos, como por exemplo unha tendenite.
 
Ademais, no mercado hai alternativas que combinan a frescura das chanclas cunha subxección adecuada. Por exemplo, as famosas albarcas ou avarcas menorquinas. Orixinalmente eran usadas polos ‘palleses’, os agricultores da illa menorquina,  debido a que eran moi resistentes, flexíbeis e ao mesmo tempo permitían soportar os rigores do estío mediterráneo. A explosión turística dos 60 convertéronas nunha tendencia de moda en todo o mundo, que se pode adquirir en páxinas como https://www.avarcas.com  mantendo o seu deseño orixinal e os seus materiais, salvo a sola, que orixinalmente era de pel -como o resto das pezas- e que na actualidade é case sempre de caucho, máis antideslizante e flexíbel. 
 
Unha cuestión de lóxica, pero que con todo a miúdo ignorada polos fabricantes máis barateiros, é que no verán cómpre zapatos que estean producidos con materiais transpirábeis. Coa calor, os pés súan moito máis. Ademais de cocerse e feder mal, arriscámonos a que a suor favoreza a aparición de rozaduras. Cómpre lembrar que por lei os zapatos deben traer unha etiqueta que nos informe dos compoñentes de cada unha das súas partes. 
 
Un dos motivos máis frecuentes das rozaduras son o uso continuo de zapatos novos. Calquera que practicase deporte de competición recibiu como consello básico nunca estrear calzado para un partido. A mesma regra temos que aplicar no día a día. Se nos botamos a percorrer todo o Camiño de Santiago cunhas botas novas, estamos comprando todos os boletos para que nos saian unhas boas bochas nos pés. O máis intelixente é sempre estrear os zapatos en pequenos percorridos preto da nosa casa. Cómpre ter en conta que coa calor o pé aumenta de tamaño e que os zapatos novos tardan meses en adaptarse perfectamente a forma do noso corpo. 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Solas de avarcas