Palabras secretas para San Xoán

Na véspera de San Xoán recuperamos o traballo da xornalista Ana Lois, quen vén de publicar na rede un novo vídeo, no que revela as herbas que se deben recoller para esta noite máxica. Faino da man dun dos moitos entrevistados para o seu proxecto 'Palabras secretas', unha compilación de saberes tradicionais, mitos e lendas na que leva traballando máis dun ano.

Por GC Tendencias | Santiago | 23/06/2014

Ana Lois percorre distintos lugares de Galicia para falar coa xente e coñecer os seus remedios naturais para curar as doenzas do corpo e tamén da alma, saberes tinguidos de carácter máxico-relixioso. O resultado son, a data de hoxe, 37 vídeos publicados, todos dispoñibles na páxina web do proxecto e que se engloban baixo o título común de ‘Palabras secretas’.   

Parte do traballo desta xornalista recolleuse no seu documental “Terra de Pastequeiros”, financiado polo Concello de Pontevedra e que indaga na tradición de curandeiros en Tomeza, no rural pontevedrés. Pero a maior parte do proxecto ‘Palabras secretas’ faino Ana co fondos do seu propio peto e aproveitando as súas viaxes e o seu tempo libre para facer novas gravacións.

Ana Lois escribe na web do proxecto: “Hai que escoitar atentos para intuír o nome de vellos deuses que ninguén lembra, de animais sagrados, de prantas máxicas, de rituais que se foron adaptando segundo as necesidades pero que están aí, sen dúbida, dende hai miles de anos. E toda esa pócema de ingredientes indescifrables continúa viva nas mentes dos nosos maiores.”

A intensa labor de compilación en vídeo destas palabras é unha forma de asegurar que esta faceta do noso patrimonio non quede no ouvido, porque “son as crenzas as que forman a nosa esencia e as que nos curan.”

Ve o vídeo 'Preparando o San Xoán' en Vimeo aquí.

Todos os vídeos de 'Palabras secretas' están na paxina web do proxecto.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe